

SABÍAS QUE? Ata 1867, as partidas dos torneos que remataban en táboas -o nome que recibe o empate en xadrez- tiñan que ser xogadas de novo. No torneo de París daquel ano houbo moitas táboas, o que causou moitos problemas aos organizadores. En 1868, a Asociación Británica de Xadrez acordou otorgar a cada xogador medio punto en lugar de repetir a partida.
Samuel Reshevsky xogando simultáneas aos oito anos en Francia.
As situacións de empate ou táboas nas que pode rematar unha partida son as seguintes:
1.- MATERIAL INSUFICIENTE. Cando no taboleiro quedan:
a) Só os reis.
b) Rei e cabalo ou rei e bispo contra o rei contrario.
c) Rei e cabalo ou rei e bispo contra rei e cabalo ou contra rei e bispo.
Bispos adicionais en escaques da mesma cor, debidos a promocións, non modifican a situación.
2.- REPETICIÓN DUNHA MESMA POSICIÓN: Cando sucede tres veces no transcurso dunha partida.
3.- REI AFOGADO: Cando o bando ao que lle toca mover non ten xogadas legais disponibeis e o seu rei non está en xaque.
As brancas parecen perdidas, pero...NON PODEN MOVER!!!
4.- MOVEMENTO 50: Cando transcorreron 50 xogadas por cada bando desde a derradeira vez que se capturou unha pezas ou se moveu un pión.
5.- XAQUE CONTINUO: Aplicase cando un xogador da de xeito indefinido xaques ao rei contrario, pero sen acadar o mate. O xaque continuo ou xaque perpetuo é moi apropiado naquelas situacións nas que un bando non ten outro xeito de defender unha mala posición, evitando así perder a partida.
6.- POR LÍMITE DE TEMPO: En partidas con reloxo dixital, cando un xogador excede o tempo límite establecido para a partida e o seu opoñente non podería dar mate nen ainda ante as piores respostas. Igualmente sucede cando se empregan reloxos analóxicos e ambas bandeiras caen, sen que se poida determinar cal caeu primeira.
7.- MUTUO ACORDO: Por último, os xogadores poden acordar táboas en calquera momento da partida.1. ... - Ca4+
2. Txa4 - Txb3+
3. Rxb3 - Td3++
XOGAN AS NEGRAS E DAN MATE EN TRES XOGADAS
2. Txa4 - ...
Pero as negras insisten cun segundo sacrificio, capturando coa Torre de b8 ao Cabalo branco:
2. ... -Txb3+: XAQUE!
Agora o Rei branco vese forzado a capturar a torre. A súa sorte xa esta botada:
3. Rxb3 - ...
Para rematar con:
Normalmente, o sacrificio inicia unha combinación que pode rematar en mate. En particular, o problema 58 resolvese cun pseudosacrificio forzante, quedando as brancas con opcións únicas de movemento que conducen ao mate por parte das negras. Asimesmo, podemos dicir que é a combinación das negras e ao mesmo tempo un sacrificio de desviación e magnético, por que distrae á Torre branca de a2 e atrae ao Rei branco nunha casiña tácticamente pobre, na que recibirá o mate.
ESPERO AS TÚAS RESPOSTAS NO CORREO ELECTRÓNICO!!