luns, 25 de maio de 2020

9.- XADREZ: AS TÁBOAS (2º ESO)

SABÍAS QUE? Ata 1867, as partidas dos torneos que remataban en táboas -o nome que recibe o empate en xadrez- tiñan que ser xogadas de novo. No torneo de París daquel ano houbo moitas táboas, o que causou moitos problemas aos organizadores. En 1868, a Asociación Británica de Xadrez acordou otorgar a cada xogador medio punto en lugar de repetir a partida.

Samuel Reshevsky ajedrez                  Samuel Reshevsky xogando simultáneas aos oito anos en Francia.

As situacións de empate ou táboas nas que pode rematar unha partida son as seguintes:

1.- MATERIAL INSUFICIENTE. Cando no taboleiro quedan:

a) Só os reis.
b) Rei e cabalo ou rei e bispo contra o rei contrario.
c) Rei e cabalo ou rei e bispo contra rei e cabalo ou contra rei e bispo.

Bispos adicionais en escaques da mesma cor, debidos a promocións, non modifican a situación.

2.- REPETICIÓN DUNHA MESMA POSICIÓN: Cando sucede tres veces no transcurso dunha partida.

3.- REI AFOGADO: Cando o bando ao que lle toca mover non ten xogadas legais disponibeis e o seu rei non está en xaque.

Rey ahogado ajedrez











As brancas parecen perdidas, pero...NON PODEN MOVER!!!

4.- MOVEMENTO 50: Cando transcorreron 50 xogadas por cada bando desde a derradeira vez que se capturou unha pezas ou se moveu un pión.

5.- XAQUE CONTINUO: Aplicase cando un xogador da de xeito indefinido xaques ao rei contrario, pero sen acadar o mate. O xaque continuo ou xaque perpetuo é moi apropiado naquelas situacións nas que un bando non ten outro xeito de defender unha mala posición, evitando así perder a partida.

6.- POR LÍMITE DE TEMPO: En partidas  con reloxo dixital, cando un xogador excede o tempo límite establecido para a partida e o seu opoñente non podería dar mate nen ainda ante as piores respostas. Igualmente sucede cando se empregan reloxos analóxicos e ambas bandeiras caen, sen que se poida determinar cal caeu primeira.

7.- MUTUO ACORDO: Por último, os xogadores poden acordar táboas en calquera momento da partida.

Para repasar estes conceptos podes visualizar o seguinte vídeo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario