venres, 22 de maio de 2020

MUSCULATURA DA TABOA 1 DE XIMNASIA COMPENSATORIA (TODA A ESO)

Desde o punto de vista do funcionamiento da musculatura do noso corpo, podemos distinguir dous grandes tipos de músculos: os hipertónicos e os hipótonicos.

A musculatura hipertónica é a que nos axuda a manter unha posición de pé ben ergueita (bipedestación): erectores do tronco, extensores do xeonllo, etc...A musculatura hipotónica é aquela que non precisamos que se contraiga permanentemente para manter esa postura, pero que, ainda así, vai xogar un papel importante na estabilidade corporal.

Por unha banda, hoxe en día, debido ao elevado número de horas que pasamos sentados, hai que falar da cales son os músculos vencidos nesa posición e de cales son os músculos vencedores. Por outra banda, os músculos vencedores van ser todos aqueles da parte anterior do corpo que se acortarán, tanto ao realizar actividades manipulativas, como cando estamos na posición sentada (sedestación). Deste xeito, os músculos vencidos serán todos os da parte posterior do corpo, que co estilo de vida actual, vense moitas veces abocados a unha constante estimulación en condicións de elongación excesiva. Tendo en conta que moitos deles xa son de por si músculos hipertónicos, como é caso dos espiñais, o estrés sobre eles vaise ir acumulando.

O circuito da semana pasada procuraba correxir esta situación de desequilibrio muscular. Hoxe engandense na táboa, os nomes dos músculos máis importantes en cada exercicio. É moi importante que fagamos un traballo equilibrado da nosa musculatura, previo exame individual por parte dun especialista, para así poder correxir posibles desviacións, as cais teñen maior incidencia na adolescencia dado que é un período da vida no que estamos en constante medre. Se a esta circunstancia natural, lle engadimos unha situación como a actual, na que predomina a sedestación, non vai ser díficil que aparezan desequilibrios posturais, que estamos moi a tempo de evitar ou atenuar coa realización de exercicios individualizados.

Sen dúbida, o noso corpo xa esta manifestando esas actitudes posturais, despois de dous meses de confinamento, tendendo a pregarse como un acordeón. Para lograr reequilibrar a nosa postura, que mellor se coñecemos o nome dos músculos que imos exercitar en cada exercicio, non vos parece? Imaxinate que quixeras ir a París para aprender francés, pero colles direción á Nova Iorque? Pois o mesmo sucederá se non eliximos o exercicio axeitado para cada condición anatómica persoal.

SABERÍAS PROPOR UN EXERCICIO DE FLEXIBILIDADE
PARA O MÚSCULO TRAPECIO?


(Podes mirar na táboa)




Ningún comentario:

Publicar un comentario