1. ... - Ca4+
2. Txa4 - Txb3+
3. Rxb3 - Td3++
XOGAN AS NEGRAS E DAN MATE EN TRES XOGADAS
Entón, a Torre branca de a1 vese forzada a capturar o cabalo como única opción:
2. Txa4 - ...
Pero as negras insisten cun segundo sacrificio, capturando coa Torre de b8 ao Cabalo branco:
2. ... -Txb3+: XAQUE!
Agora o Rei branco vese forzado a capturar a torre. A súa sorte xa esta botada:
3. Rxb3 - ...
Para rematar con:
Segundo o grande mestre Pachman, unha combinación é unha manobra obrigada que soe incluir sacrificios de material, dando á posición un xiro sorprendente e inesperado, que soe conducir a un resultado positivo. Os obxectivos dunha combinación poden ser:
- Dar mate,
- Acadar unha avantaxe de material decisiva, ou
- Facer táboas (empate).
Unha variante forzada ou manobra obrigada, é unha secuencia de xogadas coherentes realizadas por un bando (as negras no problema 58), que teñen unha resposta única ou caseque única polo outro bando.
O sacrificio é a entrega voluntaria (por parte das negras no exemplo) de unha ou varias pezas (cabalo e torre), a cambio de ningún material ou de material de valor inferior ao sacrificado, co obxecto de obter unha gañanza táctica ou unha compensación posicional.
Calquera peza do xadrez, agás o Rei, podese sacrificar. Como normalmente os xogadores tentan manter as súa pezas, ofrecer un sacrificio pode ser unha sorpresa desagradable para o contrario, pondoo en dúbidas e facendolle gastar moito tempo tentando calcular se o sacrificio é válido ou non para aceptalo. Un sacrificio de Dama ou dunha cadea de pezas -como sucede no problema 58- engade ainda máis sorpresa e espectacularidade.
Normalmente, o sacrificio inicia unha combinación que pode rematar en mate. En particular, o problema 58 resolvese cun pseudosacrificio forzante, quedando as brancas con opcións únicas de movemento que conducen ao mate por parte das negras. Asimesmo, podemos dicir que é a combinación das negras e ao mesmo tempo un sacrificio de desviación e magnético, por que distrae á Torre branca de a2 e atrae ao Rei branco nunha casiña tácticamente pobre, na que recibirá o mate.
- LEMBRAS QUE SON AS TÁBOAS? CANTOS TIPOS HAI?
ESPERO AS TÚAS RESPOSTAS NO CORREO ELECTRÓNICO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario