venres, 15 de maio de 2020

TÁBOA DE XIMNASIA COMPENSATORIA 1 (TODA A ESO)


Boas tardes. Durante os meses vindeiros vai ser moi importante que engadades na vosa rutina semanal a realización dos circuitos, como os que se amosan a continuación, para así compensar o elevado número de horas que pasamos sentados.





Se de hoxe a setembro idelos facendo, veredes que en apenas unha quincena, xa notaredes os seus beneficios.

PAUTAS DE EXECUCIÓN: Antes de comezar os circuitos hai que facer un quecemento incluindo andar ou correr no sitio, exercicios de mobilidade articular e monicreques (jumping jacks). A continuación -a modo de exemplo- podemos empezar cun circuito de flexibilidade e continuar con outro de forza-resistencia (repetir mínimo dúas veces), para rematar de novo con outro de flexibilidade.

Podedes adaptar os exercicios tanto ao voso nivel, como ao espazo que tedes na casa. Lembrade que nunca hai que forzar ata o esgotamento, nen sentir dor durante a súa realización.  Ademáis, seguro que vós resultan máis amenos se poñedes a vosa música favorita mentres os facedes.

AVISO IMPORTANTE: Estes exercicios son xerais e meramente indicativos, polo que deben de realizarse con precaución. En caso de mareo hai que parar. Hidratarse ben: antes, durante e despois do exercicio. En caso de enfermidade ou lesión poden estar contraindicados. Neste caso, antes de realizalos, é importante consultar co médico.

Tamén é importante moverse durante os paseos como se suxire no seguinte artigo, usando a bicicleta, o patinete (sen esquecer o casco e o chaleque reflectante), para  así gastar máis calorías que andando. A non ser que andes un pouco rápido, como se foses a pillar o bus:

A VINDEIRA SEMANA PREGUNTAREIVOS SOBRE AS SEGUINTES CUESTIÓNS?

1º E 2º DA ESO: Que músculos se traballan en cada exercicio do circuito de flexibilidade?

3º E 4º DA ESO
: Que músculos se traballan en cada exercicio do circuito de forza-resistencia?


Podedes procurar información na web: https://www.entrenamientos.com/

Espero que cando nos voltemos ver, me contedes que ben vos foi facendo estes circuitos.

Para calquera dúbida, non dubidedes en preguntarme.


MOITOS ÁNIMOS E A MOVERSE!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario