SABIAS QUE? En certa ocasión, Afonso X O Sabio, quiso elixir a un conselleiro entre varios candidatos, retándolles a xogar ao xadrez para decidir quen sería. Só dous lle gañaron. Entón, ordeoulles aos dous vencedores que se enfrontasen ao mellor de seis partidas. Un dos aspirantes gañounas todas, pero para sorpresa dos cortesanos, Afonso escolleu como conselleiro ao perdedor.
Que explicación crees que deu o Rei Sabio para xustificar tan sorprendente decisión?
Que explicación crees que deu o Rei Sabio para xustificar tan sorprendente decisión?
Afonso X O Sabio, promoveu o LIBRO DOS XOGOS que versa sobre as actividades lúdico-deportivas de mesa da nobreza medieval. O nome orixinal do libro é:
Juegos diversos de Axedrez, dados, y tablas con sus explicaciones, ordenados por mandado del Rey don Alfonso el sabio
Este libro é o máis antigo sobre o xadrez -tal como o entendemos actualmente- que nos ten chegado, sendo escrito en 1283. O libro consta de 98 folios de pergamino con 150 espléndidas
miniaturas. Está dividido en sete partes, sendo a primeira o denominado como «libro de axedrez».
Dous cabaleiros da Orde de Santiago xogando ó xadrez
No libro descrebense as reglas do xogo e incluense cento tres problemas, dos cais oitentanove aparecen
noutros tratados de orixe árabe. O único exemplar orixinal existente na actualidade conservase na biblioteca do mosteiro de
El Escorial, na provincia de Segovia.
ATREVESTE A RESOLVER O PROBLEMA NÚMERO 58 DO LIBRO?
SABIAS QUE? A forma e nome das pezas actuais proven da época de Afonso X O Sabio.
QUERES SABER MÁIS SOBRE ESTE REI QUE AMABA O XADREZ?
Afonso X O Sabio, rei da Galiza, León
e Castela durante o século XIII, parece ser que pasou parte da súa infancia na vila
ourensá de Allariz, promovendo o galego-portugués como língua culta da
corte. Probablemente compuso varias das Cantigas de Santa María, que
quizáis tarareaba mentres desfrutaba do seu xogo preferido: o xadrez.
No prólogo do libro, o autor falanos da invención dos distintos xogos como xeito de procura da felicidade e do disfrute por parte da humanidade. Así que para despedirnos, que mellor que lembrar o que dícía o Rei Sabio:
DISFRUTA DO XADREZ!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario