venres, 25 de febreiro de 2011

ENTREGA LIBRETAS 2º TRIMESTRE: 1 DE MARZAL

A partir do 1 de marzal procedérase á recolleita de libreta de EF para a súa corrección. Non se correxirán libretas máis ala do dia 15 dese mes.

O Profesor de EF

Xan M. Trigo Recarey

mércores, 23 de febreiro de 2011

MAPAS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA: ALLARIZ, OURENSE E A ESMORGA

Ola! Recollense aquí os seguintes enlaces:

- Mapa Allariz 1:5000 realizado en 1995 por Francisco Cobas:
https://docs.google.com/leaf?id=0BwCNpGMPoalHNzNkZjNiNWMtNmM5ZC00MjE5LWE2MzgtNTlkZWUxOTBhZDdj&sort=name&layout=list&num=50

- Mapas de Ourense 1:4000 cos trazados do Iº Campionato Escolar Provincial 2009:
Nos lugares onde se ubican os controis destes dous percorridos non atoparades ningunha baliza a dia de hoxe.

Para rematar hai vai un regaliño para desfrutar coas vosas amizades, familia ou viciños. Tratase do mesmo Mapa de Ourense pero co trazado do Percorrido Literario de A Esmorga, que algúns xa fixestes no pasado trimestre, seguindo aos personaxes desa novela de Eduardo Blanco Amor. Aí vai o enlace:

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0BwCNpGMPoalHZGJhZjhmMDMtNGI4MS00NTllLWFkZWItODIwNmNjMjNiNWFk&hl=es

Andando leváravos unha media hora. Os controis coinciden na súa maioría cunhas placas azuis situadas nas paredes dos edificios a uns 3m de altura, nas que recollen pasaxes da obra. Os dous últimos controis son a estatua do autor (PUNTO DE CONTROL 9: Xardíns do Bispo Cesáreo) e unha placa ubicada na casa onde naceu (P.C. 10: Rúa Lepanto). Dicer aquí, que o Triángulo de Saída máis os dous círculos concéntricos que indican a Meta no mapa, non teñen reflexo no terreo con ningun elemento indicador (placa, baliza,..). Colocaronse na zona da Praza Maior por ser este lugar un punto de encontro habitual.

Se queredes descargar o díptico editado polo Concello de Ourense sobre este roteiro, ver o seguinte enlace:

http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_2708_4.pdf

No croquis do díptico hai dous erros de ubicación das placas. En particular, refírome a que esta enfronte do Líceo (P.C.7) e a que esta perto do Belen de Baltar, na Praza de San Cosme (P.C.3). No mapa de orientación estan ben colocados.

Por último lembrar que non esquezades respectar as Normas de Circulación Vial.

Que os desfrutedes!