mércores, 16 de maio de 2012

A ESMORGA: PERCORRIDO PERMANENTE de ORIENTACIÓN DEPORTIVA-LITERARIA

Agora xa podedes desfrutar deste percorrido, sobreimpreso nun mapa homologado para Orientación Deportiva Sprint, polas rúas do casco vello de Ourense. En vez das típicas balizas de orientación teredes que procurar os azulexos azuis que ilustran e recollen distintos parágrafos da obra máis universal de Eduardo Blanco Amor. Estan ubicados, na súa maioría, sobre a fachadas de distintos edificios a 3 metros de altura. Se queredes descargar o folleto-croquis con todas eles e máis información literaria sobre o percorrido, ide ao seguinte enlace: http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_2708_4.pdf
Iso si hai un par de placas que estan mal sinaladas (teredes que adiviñar cais son) no croquis do devandito PDF. Fiaros do mapa de Orientación Deportiva que se amosa a continuación.


Colocouse dun xeito simbólico o triángulo de saída (non hai ningun sinal nesa ubicación) na Praza Maior; pero se queredes encetar o percorrido xa onde esta o primeiro control, non tedes máis que achegaros á Delegación de Sanidade que esta na Avenida de Zamora, a apenas 100m do Xardín do Posío.

Podedes tratar de facer o percorrido na orde númerica secuencial o por orde libre (tipo Score). Se queredes respectar os tempos da novela teriades que facelo do primeiro xeito.

Que o desfrutedes!

P.D.- Se alguen quere un dossier didáctico para o alumnado co correspondente para o profesorado que xira en torno ao uso do roteiro deste mapa, non ten maís que solicitalo gratuitamente no mail: orientaourense@gmail.com