sábado, 30 de maio de 2020

DATA TOPE DE ENTREGA DO TEST DE EF (TODA A ESO)

Bos días. A data tope de entrega do test que se enviou onte por correo electrónico é o vindeiro:

VENRES 5 DE XUÑO ÁS 16:00 H

Nuevo juego de skate de Detective Conan, exclusivo para Nintendo ...

Para resolver as preguntas deste reto, non tedes máis que mergullarvos nas entradas que se puxeron neste blog desde o mes de marzo, facendo de DETECTIVES MULTIDEPORTE.

Detective Conan | Gosho Aoyama

As solucións a todos os enigmas físico-deportivos que se prantexan no test, estan esperando que poñades en práctica as vosas habilidades de pescuda e as descubrades.

ÁNIMO!! SEGURO QUE O CONSEGUIDES!!!


luns, 25 de maio de 2020

9.- XADREZ: AS TÁBOAS (2º ESO)

SABÍAS QUE? Ata 1867, as partidas dos torneos que remataban en táboas -o nome que recibe o empate en xadrez- tiñan que ser xogadas de novo. No torneo de París daquel ano houbo moitas táboas, o que causou moitos problemas aos organizadores. En 1868, a Asociación Británica de Xadrez acordou otorgar a cada xogador medio punto en lugar de repetir a partida.

Samuel Reshevsky ajedrez                  Samuel Reshevsky xogando simultáneas aos oito anos en Francia.

As situacións de empate ou táboas nas que pode rematar unha partida son as seguintes:

1.- MATERIAL INSUFICIENTE. Cando no taboleiro quedan:

a) Só os reis.
b) Rei e cabalo ou rei e bispo contra o rei contrario.
c) Rei e cabalo ou rei e bispo contra rei e cabalo ou contra rei e bispo.

Bispos adicionais en escaques da mesma cor, debidos a promocións, non modifican a situación.

2.- REPETICIÓN DUNHA MESMA POSICIÓN: Cando sucede tres veces no transcurso dunha partida.

3.- REI AFOGADO: Cando o bando ao que lle toca mover non ten xogadas legais disponibeis e o seu rei non está en xaque.

Rey ahogado ajedrez











As brancas parecen perdidas, pero...NON PODEN MOVER!!!

4.- MOVEMENTO 50: Cando transcorreron 50 xogadas por cada bando desde a derradeira vez que se capturou unha pezas ou se moveu un pión.

5.- XAQUE CONTINUO: Aplicase cando un xogador da de xeito indefinido xaques ao rei contrario, pero sen acadar o mate. O xaque continuo ou xaque perpetuo é moi apropiado naquelas situacións nas que un bando non ten outro xeito de defender unha mala posición, evitando así perder a partida.

6.- POR LÍMITE DE TEMPO: En partidas  con reloxo dixital, cando un xogador excede o tempo límite establecido para a partida e o seu opoñente non podería dar mate nen ainda ante as piores respostas. Igualmente sucede cando se empregan reloxos analóxicos e ambas bandeiras caen, sen que se poida determinar cal caeu primeira.

7.- MUTUO ACORDO: Por último, os xogadores poden acordar táboas en calquera momento da partida.

Para repasar estes conceptos podes visualizar o seguinte vídeo:


venres, 22 de maio de 2020

MUSCULATURA DA TABOA 1 DE XIMNASIA COMPENSATORIA (TODA A ESO)

Desde o punto de vista do funcionamiento da musculatura do noso corpo, podemos distinguir dous grandes tipos de músculos: os hipertónicos e os hipótonicos.

A musculatura hipertónica é a que nos axuda a manter unha posición de pé ben ergueita (bipedestación): erectores do tronco, extensores do xeonllo, etc...A musculatura hipotónica é aquela que non precisamos que se contraiga permanentemente para manter esa postura, pero que, ainda así, vai xogar un papel importante na estabilidade corporal.

Por unha banda, hoxe en día, debido ao elevado número de horas que pasamos sentados, hai que falar da cales son os músculos vencidos nesa posición e de cales son os músculos vencedores. Por outra banda, os músculos vencedores van ser todos aqueles da parte anterior do corpo que se acortarán, tanto ao realizar actividades manipulativas, como cando estamos na posición sentada (sedestación). Deste xeito, os músculos vencidos serán todos os da parte posterior do corpo, que co estilo de vida actual, vense moitas veces abocados a unha constante estimulación en condicións de elongación excesiva. Tendo en conta que moitos deles xa son de por si músculos hipertónicos, como é caso dos espiñais, o estrés sobre eles vaise ir acumulando.

O circuito da semana pasada procuraba correxir esta situación de desequilibrio muscular. Hoxe engandense na táboa, os nomes dos músculos máis importantes en cada exercicio. É moi importante que fagamos un traballo equilibrado da nosa musculatura, previo exame individual por parte dun especialista, para así poder correxir posibles desviacións, as cais teñen maior incidencia na adolescencia dado que é un período da vida no que estamos en constante medre. Se a esta circunstancia natural, lle engadimos unha situación como a actual, na que predomina a sedestación, non vai ser díficil que aparezan desequilibrios posturais, que estamos moi a tempo de evitar ou atenuar coa realización de exercicios individualizados.

Sen dúbida, o noso corpo xa esta manifestando esas actitudes posturais, despois de dous meses de confinamento, tendendo a pregarse como un acordeón. Para lograr reequilibrar a nosa postura, que mellor se coñecemos o nome dos músculos que imos exercitar en cada exercicio, non vos parece? Imaxinate que quixeras ir a París para aprender francés, pero colles direción á Nova Iorque? Pois o mesmo sucederá se non eliximos o exercicio axeitado para cada condición anatómica persoal.

SABERÍAS PROPOR UN EXERCICIO DE FLEXIBILIDADE
PARA O MÚSCULO TRAPECIO?


(Podes mirar na táboa)




mércores, 20 de maio de 2020

8.- XADREZ: SOLUCIÓN AO PROBLEMA 58 DE AFONSO X: O SACRIFICIO (2º ESO)

Bos días. A solución ao problema prantexado polo Rei Sabio a pasada semana é a seguinte:

1. ... - Ca4+

2. Txa4 - Txb3+

3. Rxb3 - Td3++

XOGAN AS NEGRAS E DAN MATE EN TRES XOGADAS



Ante a ameaza inminente de mate que ten o rei negro -no caso de que a torre branca de h2 se mova a b2 na seguinte xogada- as negras optan por facer un dobre sacrificio, dando primeiro xaque co seu cabalo en a4:

1. ... - Ca4+: XAQUE!

Entón, a Torre branca de a1 vese forzada a capturar o cabalo como única opción:

2. Txa4 - ...

Pero as negras insisten cun segundo sacrificio, capturando coa Torre de b8 ao Cabalo branco:

2.  ... -Txb3+: XAQUE!

Agora o Rei branco vese forzado a capturar a torre. A súa sorte xa esta botada:

3. Rxb3 - ...

Para rematar con:


3. ... - Td3++: XAQUE MATE!!

PERO, SABES O QUE É UNHA COMBINACIÓN?

Segundo o grande mestre Pachman, unha combinación é unha manobra obrigada que soe incluir sacrificios de material, dando á posición un xiro sorprendente e inesperado, que soe conducir a un  resultado positivo. Os obxectivos dunha combinación poden ser:

- Dar mate,
- Acadar unha avantaxe de material decisiva, ou
- Facer táboas (empate).

Unha variante forzada ou manobra obrigada, é unha secuencia de xogadas coherentes realizadas por un bando (as negras no problema 58), que teñen unha resposta única ou caseque única polo outro bando.

O sacrificio é a entrega voluntaria (por parte das negras no exemplo) de unha ou varias pezas (cabalo e torre), a cambio de ningún material ou de material de valor inferior ao sacrificado, co obxecto de obter unha gañanza táctica ou unha compensación posicional.

Calquera peza do xadrez, agás o Rei, podese sacrificar. Como normalmente os xogadores tentan manter as súa pezas, ofrecer un sacrificio pode ser unha sorpresa desagradable para o contrario, pondoo en dúbidas e facendolle gastar moito tempo tentando calcular se o sacrificio é válido ou non para aceptalo. Un sacrificio de Dama ou dunha cadea de pezas -como sucede no problema 58- engade ainda máis sorpresa e espectacularidade.

Normalmente, o sacrificio inicia unha combinación que pode rematar en mate. En particular, o problema 58 resolvese cun pseudosacrificio forzante, quedando as brancas con opcións únicas de movemento que conducen ao mate por parte das negras. Asimesmo, podemos dicir que é a combinación das negras e ao mesmo tempo un sacrificio de desviación e magnético, por que distrae á Torre branca de a2 e atrae ao Rei branco nunha casiña tácticamente pobre, na que recibirá o mate.

  • LEMBRAS QUE SON AS TÁBOAS? CANTOS TIPOS HAI?


ESPERO AS TÚAS RESPOSTAS NO CORREO ELECTRÓNICO!!




venres, 15 de maio de 2020

TÁBOA DE XIMNASIA COMPENSATORIA 1 (TODA A ESO)


Boas tardes. Durante os meses vindeiros vai ser moi importante que engadades na vosa rutina semanal a realización dos circuitos, como os que se amosan a continuación, para así compensar o elevado número de horas que pasamos sentados.





Se de hoxe a setembro idelos facendo, veredes que en apenas unha quincena, xa notaredes os seus beneficios.

PAUTAS DE EXECUCIÓN: Antes de comezar os circuitos hai que facer un quecemento incluindo andar ou correr no sitio, exercicios de mobilidade articular e monicreques (jumping jacks). A continuación -a modo de exemplo- podemos empezar cun circuito de flexibilidade e continuar con outro de forza-resistencia (repetir mínimo dúas veces), para rematar de novo con outro de flexibilidade.

Podedes adaptar os exercicios tanto ao voso nivel, como ao espazo que tedes na casa. Lembrade que nunca hai que forzar ata o esgotamento, nen sentir dor durante a súa realización.  Ademáis, seguro que vós resultan máis amenos se poñedes a vosa música favorita mentres os facedes.

AVISO IMPORTANTE: Estes exercicios son xerais e meramente indicativos, polo que deben de realizarse con precaución. En caso de mareo hai que parar. Hidratarse ben: antes, durante e despois do exercicio. En caso de enfermidade ou lesión poden estar contraindicados. Neste caso, antes de realizalos, é importante consultar co médico.

Tamén é importante moverse durante os paseos como se suxire no seguinte artigo, usando a bicicleta, o patinete (sen esquecer o casco e o chaleque reflectante), para  así gastar máis calorías que andando. A non ser que andes un pouco rápido, como se foses a pillar o bus:

A VINDEIRA SEMANA PREGUNTAREIVOS SOBRE AS SEGUINTES CUESTIÓNS?

1º E 2º DA ESO: Que músculos se traballan en cada exercicio do circuito de flexibilidade?

3º E 4º DA ESO
: Que músculos se traballan en cada exercicio do circuito de forza-resistencia?


Podedes procurar información na web: https://www.entrenamientos.com/

Espero que cando nos voltemos ver, me contedes que ben vos foi facendo estes circuitos.

Para calquera dúbida, non dubidedes en preguntarme.


MOITOS ÁNIMOS E A MOVERSE!!!