mércores, 10 de xuño de 2020

11.- XADREZ: PROPOSTAS PARA O VERÁN E O CURSO QUE VEN (2º ESO)

Queridos alumnos e alumnas. Achegase o fin de curso e todos estamos xa pensando que facer durante o verán. Xogar ao xadrez nas sobremesas, ou nos días nos que o tempo non acompañe, é unha alternativa ideal.

Para completar a vosa formación básica de axedrecistas, recomendovos que aprendades as xeralidades dun par de aperturas e dun par de defensas. Nos seguintes vídeos, explicanse dun xeito breve algunhas das máis apropiadas para principiantes. Podedes ilas experimentando, incorporándoas ao voso repertorio:





Ademáis do xadrez clásico, existen outras variantes deste xogo universal que son moi interesantes como o Xiang Qi, ou xadrez chinés:

https://www.youtube.com/watch?v=PYmMIXf-vrQ

Tamén podedes inventar a vosa propia modalidade de xadrez para xogar cos amigos e a familia; ou xogar as variantes que te ofrece a app Lichess picando en:



A continuación elixe unha das seguintes variantes:



- Casa de Tolos: Crazyhouse.
- Xadrez 960: Chess960
- Rei da Cuiña: King of the Hill.
- Tres Xaques: Three-check.
- Antixadrez: Antichess.
- Atómico: Atomic.
- Reis Corredores: Racing Kings

Para empezar, recomendovos por exemplo o Triple Xaque. Gaña quen consiga das 3 xaques antes. Se non coñeces as normas do resto de variantes, pescudaas en internet. Podes empezar consultando aquí:

https://es.wikipedia.org/wiki/Variante_del_ajedrez

Por último, se queredes seguir dando pasos cara a mellora do voso xadrez, que mellor que apuntarse nun club perto de onde vivamos. Na cidade de Ourense hai unha grande tradición de xadrez e organizanse moitas competicións para nenos e xóvenes ao longo de todo ano, ás que veñen rapaces de toda Galicia e do resto da península.

Na capital provincial teñen gran tradición clubs como o Liceo de Ourense e o Ateneo. Nos últimos anos destaca especialmente a labor do Club Deportivo Xadrez Ourense -subcampión de España por equipos o ano pasado- que promociona este deporte nunha vintena de colexios:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/o-carballino/2017/12/06/maestras-ajedrez-ourensanoclub-xadrez-ourense/0003_201712O6C12991.htm

O Club Deportivo Xadrez Ourense ten tamén unha escola propia coordenada por Elías González. Máis información en:

http://www.xadrezourense.com/

Ou na web da Asociación de Clubs de Xadrez de Ourense:

http://ourenxadrez.org/ourenxadrez/

Tamén a apenas 20 minutos de Cambeo temos ao grande mestre arxentino Alejandro Hoffman (ver curriculum en http://www.ajedrezmarcote.com/) do Círculo Chantadino de Xadrez, sendo o único club galego cun xadrecista deste nivel impartindo clases aos nenos da bisbarra, tamén en Carballedo. Nesa vila tamén existe o Club Xadrez Chantada. Ambalas dúas entidades estan facendo medrar o xadrez entre os escolares do sur de Lugo e a Ribeira Sacra.

Fonte: EnComún, Crónica del sur de Lugo

Outra posibilidade é receber clases online, como tamén fai o Club Xadrez Ourense a través da Mestra Internacional Yudania Hernández. Hai moitos xogadores profesionais ensinando os seus coñecementos deste xeito, por mor da pandemia do COVID. E, como xa sabedes, hai miles de vídeos gratuitos en internet cos que podemos aprender moitísimo tendo, precisando únicamente unha conexión.

ATREVETE E LANZATE Á AVENTURA DO XADREZ!!!

Como dixo o Rei Sabio:

SE FELIZ XOGANDO!!