mércores, 16 de maio de 2012

A ESMORGA: PERCORRIDO PERMANENTE de ORIENTACIÓN DEPORTIVA-LITERARIA

Agora xa podedes desfrutar deste percorrido, sobreimpreso nun mapa homologado para Orientación Deportiva Sprint, polas rúas do casco vello de Ourense. En vez das típicas balizas de orientación teredes que procurar os azulexos azuis que ilustran e recollen distintos parágrafos da obra máis universal de Eduardo Blanco Amor. Estan ubicados, na súa maioría, sobre a fachadas de distintos edificios a 3 metros de altura. Se queredes descargar o folleto-croquis con todas eles e máis información literaria sobre o percorrido, ide ao seguinte enlace: http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_2708_4.pdf
Iso si hai un par de placas que estan mal sinaladas (teredes que adiviñar cais son) no croquis do devandito PDF. Fiaros do mapa de Orientación Deportiva que se amosa a continuación.


Colocouse dun xeito simbólico o triángulo de saída (non hai ningun sinal nesa ubicación) na Praza Maior; pero se queredes encetar o percorrido xa onde esta o primeiro control, non tedes máis que achegaros á Delegación de Sanidade que esta na Avenida de Zamora, a apenas 100m do Xardín do Posío.

Podedes tratar de facer o percorrido na orde númerica secuencial o por orde libre (tipo Score). Se queredes respectar os tempos da novela teriades que facelo do primeiro xeito.

Que o desfrutedes!

P.D.- Se alguen quere un dossier didáctico para o alumnado co correspondente para o profesorado que xira en torno ao uso do roteiro deste mapa, non ten maís que solicitalo gratuitamente no mail: orientaourense@gmail.com

sábado, 14 de abril de 2012

Carreira Ori Vigo (CUVI 21 Abril)


A continuación podedes ver o mapa co que vós ides encontrar. Correspondese cun percorrido de nivel 5. En INICIACIÓN CURTA o percorrido será de nivel 1 e o mapa irá con máis detalle porque será a unha escala maior (1:7500), polo que será máis fácil de interpretar que este. A zona de saída-meta será a mesma. Onde estan os 2 círculos concéntricos atopase o Centro Comercial-cafeteria.


A maioría das cruces negras do mapa son grandes postes da luz. Algunha é o típico panel co nome dunha facultade. Atención ás edificacións en gris claro. Son zonas porticadas a través das que se pode pasar.

A última novidade que publicaron sobre a proba en: http://agaco.es/ foi un documento sobre como se van organizar as saídas. Ver no seguinte enlace:
https://agaco.intranetdeportiva.com/intranet/media/attachments/file/4f8837d400b03-esquema_saida.pdf

Todas a información sobre a proba esta en: http://agaco.es/gl/events/view/4f7c1b817c87e/

O venres 20 máis tardar, publicarán aí a listaxe de horas de saída. Procurar por Clube Trevinca-Barco, que vai ser a entidade a través da que nós inscribamos.

Para rematar vai un croquis de como acceder máis rápido. Hai quen preferirá ir por Puxeiros-Mos, pero eu normalmente vou por este rota. Leva unha hora e dez minutos.


Aquí está o croquis proporcionado pola organización.