mércores, 29 de abril de 2020

5.- XADREZ: FUNDAMENTOS DA APERTURA (2º ESO)

A apertura é a primeira fase da partida, durante a que temos que tratar de:
  • DOMINAR O CENTRO.
  • DESENVOLVER AS PEZAS CARA CASIÑAS ACTIVAS.
  • ASEGURAR AO REI.

Para evitar os ERROS MÁIS COMÚNS DURANTE A APERTURA, ver o seguinte vídeo desde o minuto 2:20:


Agora xa sabemos que -como norma xeral- na apertura hai que: ocupar o centro cos pións, desenvolver as pezas menores (cabalos e bispos) e por o rei a cuberto.

Neste interesante vídeo podes ver AS APERTURAS MÁIS CLÁSICAS:




A que apertura se corresponde o seguinte diagrama?



Ruy López ou Española?

Se xa sabes a resposta, agora non tes máis que pola en práctica.

A XOGAR!!!










venres, 24 de abril de 2020

6.- DÍA DA EF NA CASA: HAI QUE CELEBRALO!!


O vindeiro martes 28 de abril celebrase o Día da EF na Casa. Para celebralo, quería animarvos a preparar actividades voluntarias en familia na vosa finca ou dentro da casa, botando man da vosa imaxinación, e compartindoas cos demáis.

 

En Galicia hai xa máis de 17507 alumnos de 102 centros.


QUE ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PODEMOS FACER?

Tanto ese día como nos días previos podedes participar en distintas actividades, SEMPRE DE CARÁCTER VOLUNTARIO. Non fan falta grandes despregues, tratase máis ben de ter imaxinación, pero sempre sen facerse dano.

A continuación explicanse varias propostas a elixir:

1.- SESIÓNS DE EF:

Estase a preparar unha sesión especial de Educación Física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que estarán conducidas por docentes. Farase un percorrido por varios contidos curriculares de xeito dinámico e lúdico, puidendo sumarse toda a familia.

As sesións publicaranse en aberto o mesmo día do #DEFC2020 #DEFR2020, o 28 de abril, a través de YouTubeConsejoCOLEF, ás seguintes horas:
  • Primaria, ás 10:00 h (por se tedes algun irmanciño)
  • ESO, ás 11:00 h
  • Bachillerato, a las 12:00 h (ou algun irmán)

2- MOSAICO FOTOGRÁFICO

Mandede unha foto da actividade da clase de EF que estás facendo. Tamén podes crear un mosaico recopilando varias e metendo imaxes do centro ou o seu patio. Para facelo podes usar o Paint ou webs sinxelas como por exemplo: ww.easymoza.com


3.- VÍDEOS:

Podedes tamén facer vídeos curtos, realizando algunha actividade física relacionada coa EF, cumprindo coas seguintes condicións:

  •       Pon o nome do centro: CPI ANTONIO FAÍLDE.
  •        Explica brevemente a que contido se refire o vÍdeo.
  •        Di en dúas palabras o qué te aporta a EF.

RECOMENDACIÓNS PARA A PUBLICACIÓN NAS REDES

Os menores de 14 anos non debedes ter perfil en ningunha rede social, segundo marca a lexislación española e, polo tanto, non debedes subir contidos desde unha conta propia.

Os vosos pais -co consentimento de ambos proxenitores- poden subir imaxes dos menores de 14 anos ao seu cargo, cumprindo cos obxectivos e normas marcadas para esta actividade, sen menoscabo da lexislación vixente e do dereito do menor á propia imaxe.

Os maiores de 14 anos contarán sempre co permiso e supervisión de ambos proxenitores, denantes de subir calquera imaxe á rede.

Non poñades nunca o voso nome, enderezo familiar ou calquera dato persoal nas imaxes. Se queredes podedes usar un alcume (nickname).

Se podedes, mostrade, no vídeo ou foto, a imaxe oficial do #DEFC2020 #DEFR2020

Se decides subilo ás redes sociais co hashtag #DEFC2020 #DEFR2020, indica o número de persoas que tomou parte.

Quen non teña consentimento para a difusión da súa imaxe, pode sair de costas ou sen que se lle vexa a cara.

PRAZOS

Podedes subir vós mesmos as imaxes á rede, pero NUNCA ANTÉS DO MARTES.

Enviademe unha copia ao meu enderezo electrónico, usando o seguinte enlace gratuito: https://wetransfer.com/

AVISO IMPORTANTE

En base aos consellos dos expertos sanitarios, animate a facer actividade físico-deportiva durante o tempo de paseo fóra da túa casa ou finca a partir do domingo 26 de abril, evita usar o mobiliario urbano, balóns ou calquera obxectos similar.

Desinfecta os xoguetes, bicicleta ou patinete ao voltar a casa, deixando o calzado fóra. Lembra ademáis adoptar as precaucións habituais que vimos comentando, evitando espazos con obstáculos e contando coa supervisión paterna.

Lembrade cumprir sempre coas NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO.

Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas, como ben sabedes. Así que:


ÁNIMATE E A MOVER O ESQUELETE TODO O MUNDO!!!





luns, 20 de abril de 2020

4.- XADREZ: O MATE DO PASTOR (2º ESO)


SABIAS A LENDA DO MATE DO PASTOR?
Un arrogante rei que paseaba pola campiña, parou descansar a carón dun pastor de ovellas que estaba a xogar unha partida de xadrez consigo mesmo. O rei, seguro da súa vitoria, dixolle ao pastor:

- Ninguén na Corte tenme derrotado.

Ao que o pastor respondeu:

- Entón, eu non serei rival para a Súa Excelencia.

O que non se imaxinaba o monarca era que o pastor o derrotaría en só catro movementos.


Ese día o rei desterrou aos cabaleiros e cortesáns que o acompañaban por deixarlle gañar sempre. Ademáis, nomeou ao pastor Duque do Xadrez, engadíndolle o título de Inventor do Xaque Pastor.

O MATE DO PASTOR

Este tipo de mate ocorre tralos 4 primeiros movementos do branco e os 3 primeiros do negro, polo que é un dos máis curtos que se coñecen. 
What is a 4 move checkmate? - Quora


MOVEMENTOS

Vexamos agora a partida en notación alxebraica completa:

BRANCAS       NEGRAS

1. e4                      e5
2. Bc4                   Cc6
3. Dh5                   Cf6
4. Dxf7++               

Este mate pode darse con lixeiras variacións, pero a idea básica é que a dama (eng:queen) e o bispo(eng:bishop) cooperen para atacar o escaque f7, que é o máis débil arredor do rei, ao estar defendido só por este. De xeito, a idea de atacar f7 é moi típica en numerosas aperturas abertas, e este xaque mate serve de ilustración para os principiantes.

Sen embargo, o Xaque Mate Pastor é fácilmente defendible.

SABES COMO? No seguinte vídeo daranche algunhas solucións:


SABIAS QUE? Ainda hai xaque mates máis rápidos, como o Mate do Tolo. Busca información sobre el.


      

5.- ESTAR EN FORMA COMO ASTRONAUTAS: VER E SENTARSE BEN (TODA A ESO)

Hai un par de días, tres astronautas retornaron da Estación Espacial Orbital. Tiveron que axudarlles a sair da nave por que veñen de estar moito tempo en situación de ingravidade e sentados. De feito, trasladaronnos nesa postura ás instalacións, onde comezaron a súa recuperación. A pesares de facer exercicio todos os días non espazo, non eran capaces de moverse por sí sos.



Vuelven a la Tierra tres astronautas de la Estación Espacial ...

Sen dúbida, nestes días todos temos aumentado o número de horas que pasamos sentados cada día. Lembrade que o natural no ser humano é estar de pé e movéndose, andando ou correndo; como cando cazabamos ou escapabamos dun depredador na Prehistoria.


Xa hai estudos que amosan que os mozos e mozas, tedes aumentado ao dobre ou máis, o número de horas que pasades sentados diante das  pantallas durante este período. Lembrade que os expertos recomendan aos menores (por riba dos dous anos de idade) NON PASAR MÁIS DE DÚAS HORAS AO DÍA usandoas.

Silueta De La Teoría De La Evolución Del Hombre Ilustración del ...

QUE PROBLEMAS PODEN XURDIR NESTA SITUACIÓN?
  • Pescozo: a nivel da columna cervical, pode aparecer o denominado SÍNDROME DO OFICINISTA, con sobrecarga na zona posterior, dores de cabeza, etc...
  • Ollos: a sequedade que se produce por pestanexar menos, xunguida ao excesivo impacto que supón unha fonte de luz directa como pode ser unha pantalla dun móbil, poden danar as células da retina, que estan no fondo do ollo, aumentando a miopía ceda.

Cando somos xóvenes, parece que nunca imos ter un problema de saúde, pero a nosa columna e os nosos ollos teñen que durarnos toda a vida. Para logralo, é fundamental que comecemos a coidalos xa.

QUE PODEMOS FACER PARA COMPENSAR O CONFINAMENTO?


1.- SENTARNOS CORRECTAMENTE: é moi importante evitar a postura do pasota ou apoio isquiático (imaxe inferior esquerda e tamén a postura do cocheiro (imaxe do centro); botando os glúteos cara atrás e apoiando no respaldo toda a columna; usando ademáis, un coxín para manter a curvatura natural do tronco a nivel lumbar.


Para saber máis, 3º e 4º da ESO, visionade o seguinte vídeo:




IMPORTANTE: Aplicade todos, o que se recomenda nesta imaxe:

FpipeErgonomia

2.- COIDAR OS NOSOS OLLOS:


Coñeces o Síndrome Visual da Pantalla?
DISTRIBUIDORA OFTÁLMICA VERING : Fatiga ocular consecuencia de la ...
As súas consecuencias máis comúns son:
  • Fatiga ocular
  • Dor de cabeza
  • Visión borrosa
  • Mal enfoque
  • Envermellemento dos ollos
  • Ollo seco, pola redución do parpadeo
Unha boa recomendación é seguir a REGLA 20-20-20, creada polo oftalmólogo Jeffrey Anshel. Consiste en que cada 20 minutos unha persoa miremos fóra do escritorio durante 20 segundos e enfocar algo que se atope a uns 6 metrosDesta xeito, lograse que os ollos non estén enfocando sempre a corta distancia, permitindo o seu descanso e prevendo a miopía ceda. 
LEMBRADE ESTES CATRO CONSELLOS PARA EVITAR A FATIGA OCULAR:
1. Manter a columna recta.
2. Deixar unha distancia superior a 50 cm respecto da pantalla.
3. Procurar que haxa sempre luz natural, evitando reflexos na pantalla.
4. Pestanexa con máis frecuencia para refrescar o ollo.

FAI OS SEGUINTES EXERCICIOS:


SABÍAS POR QUE UN DOS ASTRONAUTAS BAIXOU DA NAVE CON GAFAS ESCURAS? Poís por que desenvolveu fotofobía na súa estancia no espazo, algo moi habitual se vives en contornas escuras. No noso caso, o maior perigo do excesivo uso das pantallas é facelo coa luz apagada ou a persiana baixada. Usa mellor luz natural indirecta para iluminar a habitación 


COIDATE MOITO!!
Vector A La Mujer Evolución Silueta Sobre Fondo Blanco ...




venres, 17 de abril de 2020

2.- VOLEIBOL SENTADO: TOKIO 2021 (TODA A ESO)

 
SABÍAS QUE? Morteza Mehrzad, o home máis alto de Irán (2.46 m.) e o cuarto do mundo, é a chave do éxito do seu equipo de voleibol paralímpico:



  
UN POUCO DE HISTORIA

O voleibol sentado naceu entre os anos 50 e 60 nos Países Baixos, como unha alternativa para soldados feridos.  Foi creado como unha combinación de voleibol e sitzball, un deporte xermano sen rede e con xogadores sentados.

 
 Un partido de Sitzmall alemán
 

CALES SON OS 5 MOTIVOS DO ÉXITO DESTA MODALIDADE?

Simple: Fácil de xogar, so precisas unha bola e unha rede improvisada.
Conectado:
Adaptado a partir dun dos deportes máis populares no mundo.
Inclusivo:
Persoas con e sen necesidades especiais poden xogar.
Diferente:
Explota todas as posibilidades de movemento na posición sentada.
Espectacular:
É máis rápido que o voleibol convencional, supondo un desafio constante.

Nas actuais normas xogase con 6 xogadores de campo por equipo, pero nas próximas olímpiadas querese ampliar o número de xogadores ata 8, como vimos facendo habitualmente no colexio. Podes ver a continuación, un vídeo promocional das pasadas Olímpiadas de Londres:



 LEMBRA! Durante o xogo tes que ter, como mínimo, un glúteo en contacto co chan.

http://www.worldparavolley.org/


Por suposto, tamén existe o VOLEIBOL PRAIA SENTADO:

 News detail - Beach volleyball enthusiasm and strong winds keep ...

http://rio2016.fivb.com/


 MEDIDAS DO CAMPO

O campo oficial ten as seguintes medidas:



Hai outras posibilidades:


PROPOSTA DE IDEAS PARA CASA

Ocorreseche como adaptar o Voleibol Sentado ás condicións do confinamento? Vouche dar algunhas ideas para que vexas que non é tan díficil. Lembra sempre que o máis importante é que non te des un golpe, polo que debes buscar un espazo sen obstáculos e contar sempre coa supervisión previa dun adulto responsable. O ideal sería facer prioritariamente, un voleibol cooperativo.

A Pelota: podes desinflar un balón que teñas na casa para que sexa máis brando. Se tes globos tamén os podes usar. E se non tes ningunha pelota, podes fabricar unha con papel de xornal e celo.

A Rede: podes usar unha corda ou cordel, goma, etc...Incluso se hai espazo abondo, podes usar unha cama a xeito de rede.

O Campo: para marcar os límites podes usar un anaco de papel cunha cor chamativa asentado con celo no chan. Se xogas enriba dunha alfombra evitarás incomodidades. Os que tedes espazo exterior, podedes practicar o Voleibol Leira, a variante galega do voleibol sentado no eido...;-))

Os equipos: podedes xogar cantos vós queirades. Para quentar podedes empezar xogando un Brilé.

OS DE 3º E 4º DA ESO AMPLIADE COÑECEMENTOS NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.paralimpicos.es/deportes-paralimpicos/voleibol-sentado


ANIMA A TODA A FAMILIA!!