SABÍAS QUE?
Roque é unha palabra de orixe persa que significa carro. Na Persia Antiga o carro era unha poderosa arma de combate. Posteriormente a peza mudou de forma, aparecendo como unha torre enriba dun elefante. En Europa a partir do século XVI comezou a representarse como unha torre.
No centro da imaxe, a torre do xadrez de San Rosendo, Mosteiro de Celanova
Juan Carlos Rivas Pires, La Voz de Galicia
EN QUE CONSISTE O ENROQUE?
O enroque é unha xogada do xadrez na que se moven simultaneamente dúas pezas, a torre e o rei, alonxando a este do centro para protexelo.
CANTOS TIPOS DE ENROQUE HAI?
- ENROQUE CURTO: Consiste en desprazar o rei dúas casiñas cara seu flanco, levando a torre do mesmo lado á casiña contigua da outra beira do rei.
- ENROQUE LONGO: Consiste en desprazar o rei tres casiñas cara o flanco da dama, levando a torre do mesmo lado á casiña contigua da outra beira do rei.
A CONTINUACIÓN, RESOLVE AS SEGUINTES CUESTIÓNS:
CALES SON AS 4 REGRAS QUE TEN QUE CUMPRIR UN ENROQUE PARA SER VÁLIDO?
E neste, podense as negras enrocar?