O movemento máis básico con tres bolas chamase FERVENZA. Lembranos a idea da auga (as bolas) dun río caendo nunha poza desde o alto:
- Postura relaxada.
- Brazos dobrados 90º ao principio.
- Para comezar sosten dúas bolas na man máis destra.
- Impulsar as bolas cos antebrazos e as mans.
- Manter os brazos pegados aos costados.
- Lanzar a bola un palmo por riba da cabeza como máximo.
- Mirar á bola cando chega ao pico (punto máis alto).
- Lanzar a seguinte bola cando a anterior chegue ao pico.
- Cada bola lanzase por dentro da anterior, debuxando unha X no ar.
LEMBRA, MANTER O RITMO É MOI IMPORTANTE!!!
Para logralo podes dicir en voz alta:
- TIC! (lanzas a primeira bola) TAC! (lanzas a segunda), etc...
- 1 ! 2 !, ou
- 1, 2, 3.
CONSELLO: Ao principio é máis importante lanzar ben as bolas que recollelas. Non teñas medo a que te caigan.
Máis fácil ainda é practicar MALABARES CON PANOS:
A continuación podes ver ao lexendario Kris Kremo facendo malabares con 3 bolas:
Ou ao mellor malabarista da actualidade, Viktor Kee, neste derradeiro vídeo:
ANIMATE E A PRACTICAR!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario