luns, 23 de marzo de 2020

1.- MANTERSE EN FORMA COMO ASTRONAUTAS? (TODA A ESO)

Bos días a tod@s! O título desta entrada non ven máis que a lembrarnos a importancia de facer exercicio físico diario durante o período de confinamento, pensando no día a día, como ben saben os astronautas que pasan longos períodos de tempo no espazo.

 Dibujo que representa a un astronauta haciendo ejercicio


Na nosa casa, podemos usar os recursos que teñamos máis a man, elixindo unha actividade que nos resulte entretida. Por exemplo, usar unha simple botella de auga mineral como se fora unha pesa. Ademáis, como xa sabes, estes días estamos coñecendo moitas propostas gratuitas para exercitarse, vendo vídeos en internet ou nunha app. Non tedes máis que buscar aquelas actividades que máis se adapten aos vosos gustos.

O IMPORTANTE É MANTERSE ACTIVO!

Cal é a túa actividade preferida? Podesnolo contar máis abaixo, engadindo un comentario. A modo de exemplo, tedes o adestramento virtual gratuito ofrecido en TVE polo profesor de OT, Cesc Escolà, que se emitirá de luns a venres a partir das 9:00h am. Seguramente tamén este disponible na televisión á carta, onde poderás escoller o horario que mellor se adapte a ti:

https://www.rtve.es/rtve/20200319/muevete-casa-cesc-escola/2010387.shtml

 


Se tedes unha bicicleta estática en casa ou unha cinta para correr, podedes ver a vosa serie favorita mentres vos exercitades; ou ben chegou o momento de recuperar a vella Wii para xogar aos bolos; e aprender as últimas coreografías disponibles en Just Dance 2020, descargando a app para o móbil ou vendoas en Youtube. No programa Real Mom de Tania Llasera en Boing de luns a venres a partir das 13:25 horas, practicaranse divertidas coreografías na sección Let´s Dance
LEMBRA, EN TODO CASO QUE É IMPORTANTE:

- Facer un quecemento axeitado antes da actividade principal.
- Realizar exercicios de Flexibilidade.
- Exercitar a Forza-Resistencia (abdominais, planchas,...).
- Traballar a Resistencia Aeróbica (andar ou correr no sitio, bailar,...).
- Hidratarse e alimentarse ben, para seguir medrando e poder facer ben os exercicios.
- Sair ao balcón vinte minutos diarios para que nos de o sol e xenerar vitamina D.
- Durante a práctica, estremar as precaucións para evitar golpes e caídas.

CONSELLO: ELIXIR UN EXERCICIO QUE SE ADAPTE ÁS VOSAS POSIBILIDADES.

Ademáis engadir algunha actividade física en parella ou grupo esta xenial. Por exemplo: mini-tenis de mesa, xogando coas mans se non tes pás e usando unha pelota pequena que teñas na casa.

Un par de veces por semana (ver luns e venres a partires das 10:00am), crearei entradas no blog con suxerencias para reforzar os temas que levamos dado este curso. A primeira xa a podes ver: OS MALABARES.

Os mércores recomendovos que vexades en TVE o apartado adicado á EF:

 https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Para calquera pregunta ou dúbida, podedes dirixirvos ao meu enderezo electrónico:
xan.trigo@edu.xunta.gal

Ou escribindo un comentario aquí mesmo. Pero, por favor poñede o voso nome e primeiro apelido...:-)

ÁNIMO E A FACER EXERCICIO COMO OS ASTRONAUTAS!!!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario