Sabias que ao oeste da India hai unha zona que é a costa Malabar e que os seus habitantes eran coñecidos por ser moi hábiles manexando bolas como no circo?
A referencia máis antiga sobre os malabares atopamola no Antigo Exipto, na tumba 15 dun príncipe descoñecido (1794 a 1781 a. C.) en Beni Hassan. O Dr. Bianchi, do Brooklyn Museum contanos que o príncipe esta mirando eternamente a un muro pintado, observando a unhas mulleres facendo malabares, algo que lle facía desfrutar en vida e que desexaba levarse ao máis ala.
Para facer malabares podes usar bolas, mazas similares ás de ximnasia rítmica e outros aparellos. As pelotas canto menos boten, máis fácil será usalas.
FABRICA OS TEUS PROPIOS MALABARES!!
No seguinte vídeo aprenderás a facelos só con tres globos e un pouco de arroz:
APRENDE AGORA A EXECUTAR A FERVENZA CON DÚAS BOLAS:
Se queres practicar máis exercicios, proba cos do seguinte vídeo:
A continuación o mellor mabarista do mundo actuando co Cirque du Soleil:
Ou quizáis prefiras velo cando tiña 9 anos?
ÁNIMO! XA ESTAS MÁIS PERTO DE SER UN AUTÉNTICO MALABARISTA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario