A apertura é a primeira fase da partida, durante a que temos que tratar de:
DOMINAR O CENTRO.
DESENVOLVER AS PEZAS CARA CASIÑAS ACTIVAS.
ASEGURAR AO REI.
Para evitar os ERROS MÁIS COMÚNS DURANTE A APERTURA, ver o seguinte vídeo desde o minuto 2:20:
Agora xa sabemos que -como norma xeral- na apertura hai que: ocupar o centro cos pións, desenvolver as pezas menores (cabalos e bispos) e por o rei a cuberto.
Neste interesante vídeo podes ver AS APERTURAS MÁIS CLÁSICAS:
A que apertura se corresponde o seguinte diagrama?
Ruy López ou Española?
Se xa sabes a resposta, agora non tes máis que pola en práctica.
O vindeiro martes 28 de abril celebrase o Día da EF na Casa. Para celebralo, quería animarvosa preparar actividades voluntarias en familia na vosa finca ou dentro da casa, botando man da vosa imaxinación, e compartindoas cos demáis.
En Galicia hai xa máis de 17507 alumnos de 102 centros.
QUE ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PODEMOS FACER?
Tanto ese día como nos días previos podedes participar en distintas actividades, SEMPRE DE CARÁCTER VOLUNTARIO. Non fan falta grandes despregues, tratase máis ben de ter imaxinación, pero sempre sen facerse dano. A continuación explicanse varias propostas a elixir:
1.- SESIÓNS
DE EF:
Estase a preparar unha sesión especial de Educación Física
para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que estarán conducidas
por docentes. Farase un percorrido por varios contidos curriculares de xeito
dinámico e lúdico, puidendo sumarse toda a familia.
As sesións publicaranse en aberto o mesmo día do #DEFC2020
#DEFR2020, o 28 de abril, a través de YouTubeConsejoCOLEF, ás seguintes
horas:
Primaria,
ás 10:00 h (por se tedes algun irmanciño)
ESO, ás 11:00 h
Bachillerato,
a las 12:00 h (ou algun irmán)
2- MOSAICO
FOTOGRÁFICO:
Mandede unha foto da
actividade da clase de EF que estás facendo. Tamén podes crear un mosaico recopilando varias e metendo imaxes do centro ou o seu patio. Para facelo podes usar o Paint ou webs sinxelas como por exemplo: ww.easymoza.com
3.-
VÍDEOS:
Podedes tamén facer vídeos
curtos, realizando algunha actividade física relacionada coa EF, cumprindo coas
seguintes condicións:
Pon o nome do centro: CPI ANTONIO FAÍLDE.
Explica brevemente a que contido se refire o
vÍdeo.
Di en dúas palabras o qué te aporta
a EF.
RECOMENDACIÓNS PARA A PUBLICACIÓN NAS REDES
Os menores de 14 anos non debedes ter perfil en ningunha rede social, segundo marca a lexislación española
e, polo tanto, non debedes subir contidos desde unha conta propia.
Os
vosos pais -co consentimento de ambos proxenitores-poden subir
imaxes dos menores de 14 anos ao seu cargo, cumprindo cos obxectivos e normas marcadas para
esta actividade, sen menoscabo da lexislación vixente e do dereito do menor á propia imaxe.
Os maiores de 14 anos contarán
sempre co permiso e supervisión de ambos proxenitores, denantes de subir
calquera imaxe á rede.
Non poñades nunca o voso nome, enderezo familiar ou calquera dato persoalnas imaxes. Se queredes podedes usar un alcume (nickname).
Se podedes, mostrade, no vídeo
ou foto, a imaxe oficial do #DEFC2020
#DEFR2020
Se decides subilo ás redes
sociais co hashtag #DEFC2020 #DEFR2020,
indica o número de persoas que tomou parte.
Quen non teña consentimento para a difusión da súa imaxe, pode
sair de costas ou sen que se lle vexa a cara.
PRAZOS
Podedes subir vós mesmos as
imaxes á rede, pero NUNCA ANTÉS DO MARTES.
Enviademe unha copia ao meu enderezo electrónico, usando o seguinte enlace gratuito: https://wetransfer.com/
AVISO
IMPORTANTE
En base aos consellos dos
expertos sanitarios, animate a facer actividade físico-deportiva durante o
tempo de paseo fóra da túa casa ou finca a partir do domingo 26 de abril, evita usar o mobiliario urbano, balóns ou calquera obxectos
similar.
Desinfecta os xoguetes, bicicleta ou patinete ao voltar a casa,
deixando o calzado fóra. Lembra ademáis adoptar as precaucións habituais que
vimos comentando, evitando espazos con obstáculos e contando coa supervisión
paterna.
Lembrade cumprir sempre coas NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO.
Entre
todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa, nada
nos parará. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante
para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas, como ben
sabedes. Así que:
Un arrogante rei que paseaba pola campiña, parou descansar a carón dun pastor de ovellas que estaba a xogar unha partida de xadrez consigo mesmo. O rei, seguro da súa vitoria, dixolle ao pastor:
- Ninguén na Corte tenme derrotado.
Ao que o pastor respondeu:
- Entón, eu non serei rival para a Súa Excelencia.
O que non se imaxinaba o monarca era que o pastor o derrotaría en só catro movementos.
Ese día o rei desterrou aos cabaleiros e cortesáns que o acompañaban por deixarlle gañar sempre. Ademáis, nomeou ao pastor Duque do Xadrez, engadíndolle o título de Inventor do Xaque Pastor.
O MATE DO PASTOR
Este tipo de mate ocorre tralos 4 primeiros movementos do branco e os 3 primeiros do negro, polo que é un dos máis curtos que se coñecen.
MOVEMENTOS
Vexamos agora a partida en notación alxebraica completa:
BRANCAS NEGRAS
1. e4 e5
2. Bc4 Cc6
3. Dh5 Cf6
4. Dxf7++
Este mate pode darse con lixeiras variacións, pero a idea básica é que a dama (eng:queen) e o bispo(eng:bishop) cooperen para atacar o escaque f7, que é o máis débil arredor do rei, ao estar defendido só por este. De xeito, a idea de atacar f7 é moi típica en numerosas aperturas abertas, e este xaque mate serve de ilustración para os principiantes.
Sen embargo, o Xaque Mate Pastor é fácilmente defendible.
SABES COMO? No seguinte vídeo daranche algunhas solucións:
SABIAS QUE? Ainda hai xaque mates máis rápidos, como o Mate do Tolo. Busca información sobre el.
Hai un par de días, tres astronautas retornaron da Estación Espacial Orbital. Tiveron que axudarlles a sair da nave por que veñen de estar moito tempo en situación de ingravidade e sentados. De feito, trasladaronnos nesa postura ás instalacións, onde comezaron a súa recuperación. A pesares de facer exercicio todos os días non espazo, non eran capaces de moverse por sí sos.
Sen dúbida, nestes días todos temos aumentado o número de horas que pasamos sentados cada día. Lembrade que o natural no ser humano é estar de pé e movéndose, andando ou correndo; como cando cazabamos ou escapabamos dun depredador na Prehistoria.
Xa hai estudos que amosan que os mozos e mozas, tedes aumentado ao dobre ou máis, o número de horas que pasades sentados diante das pantallas durante este período. Lembrade que os expertos recomendan aos menores (por riba dos dous anos de idade) NON PASAR MÁIS DE DÚAS HORAS AO DÍA usandoas.
QUE PROBLEMAS PODEN XURDIR NESTA SITUACIÓN?
Pescozo: a nivel da columna cervical, pode aparecer o denominado SÍNDROME DO OFICINISTA, con sobrecarga na zona posterior, dores de cabeza, etc...
Ollos: a sequedade que se produce por pestanexar menos, xunguida ao excesivo impacto que supón unha fonte de luz directa como pode ser unha pantalla dun móbil, poden danar as células da retina, que estan no fondo do ollo, aumentando a miopía ceda.
Cando somos xóvenes, parece que nunca imos ter un problema de saúde, pero a nosa columna e os nosos ollos teñen que durarnos toda a vida. Para logralo, é fundamental que comecemos a coidalos xa.
QUE PODEMOS FACER PARA COMPENSAR O CONFINAMENTO?
1.- SENTARNOS CORRECTAMENTE: é moi importante evitar a postura do pasota ou apoio isquiático (imaxe inferior esquerda e tamén a postura do cocheiro (imaxe do centro); botando os glúteos cara atrás e apoiando no respaldo toda a columna; usando ademáis, un coxín para manter a curvatura natural do tronco a nivel lumbar.
Para saber máis, 3º e 4º da ESO, visionade o seguinte vídeo:
IMPORTANTE: Aplicade todos, o que se recomenda nesta imaxe:
2.- COIDAR OS NOSOS OLLOS:
Coñeces o Síndrome
Visual da Pantalla?
As súasconsecuencias máis comúns son:
Fatiga ocular
Dor de cabeza
Visión borrosa
Mal enfoque
Envermellemento dos ollos
Ollo seco, pola redución do parpadeo
Unha boa recomendación é seguir a REGLA 20-20-20, creada polo oftalmólogo Jeffrey Anshel. Consiste en que cada 20 minutos unha persoa miremos fóra do escritorio durante 20 segundos e enfocar algo que se atope a uns 6 metros. Desta xeito, lograse que os ollos non estén enfocando sempre a corta distancia, permitindo o seu descanso e prevendo a miopía ceda.
LEMBRADE ESTES CATRO CONSELLOS PARA EVITAR A FATIGA OCULAR:
1. Manter a columna recta.
2. Deixar unha distancia superior a 50 cm respecto da pantalla.
3. Procurar que haxa sempre luz natural, evitando reflexos na pantalla.
4. Pestanexa con máis frecuencia para refrescar o ollo.
FAI OS SEGUINTES EXERCICIOS:
SABÍAS POR QUE UN DOS ASTRONAUTAS BAIXOU DA NAVE CON GAFAS ESCURAS? Poís por que desenvolveu fotofobía na súa estancia no espazo, algo moi habitual se vives en contornas escuras. No noso caso, o maior perigo do excesivo uso das pantallas é facelo coa luz apagada ou a persiana baixada. Usa mellor luz natural indirecta para iluminar a habitación
SABÍAS QUE? Morteza Mehrzad, o home máis alto de Irán (2.46 m.) e o cuarto do mundo, é a chave do éxito do seu equipo de voleibol paralímpico:
UN POUCO DE HISTORIA
O voleibol sentado naceu entre os anos 50 e 60 nos Países Baixos, como unha alternativa para soldados feridos. Foi creado como unha combinación de voleibol e sitzball, un deporte xermano sen rede e con xogadores sentados.
Un partido de Sitzmall alemán
CALES SON OS 5 MOTIVOS DO ÉXITO DESTA MODALIDADE?
Simple: Fácil de xogar, so precisas unha bola e unha rede improvisada. Conectado: Adaptado a partir dun dos deportes máis populares no mundo. Inclusivo: Persoas con e sen necesidades especiais poden xogar. Diferente: Explota todas as posibilidades de movemento na posición sentada. Espectacular: É máis rápido que o voleibol convencional, supondo un desafio constante.
Nas actuais normas xogase con 6 xogadores de campo por equipo, pero nas próximas olímpiadas querese ampliar o número de xogadores ata 8, como vimos facendo habitualmente no colexio. Podes ver a continuación, un vídeo promocional das pasadas Olímpiadas de Londres:
LEMBRA! Durante o xogo tes que ter, como mínimo, un glúteo en contacto co chan.
http://www.worldparavolley.org/
Por suposto, tamén existe o VOLEIBOL PRAIA SENTADO:
http://rio2016.fivb.com/
MEDIDAS DO CAMPO
O campo oficial ten as seguintes medidas:
Hai outras posibilidades:
PROPOSTA DE IDEAS PARA CASA
Ocorreseche como adaptar o Voleibol Sentado ás condicións do confinamento? Vouche dar algunhas ideas para que vexas que non é tan díficil. Lembra sempre que o máis importante é que non te des un golpe, polo que debes buscar un espazo sen obstáculos e contar sempre coa supervisión previa dun adulto responsable. O ideal sería facer prioritariamente, un voleibol cooperativo.
A Pelota: podes desinflar un balón que teñas na casa para que sexa máis brando. Se tes globos tamén os podes usar. E se non tes ningunha pelota, podes fabricar unha con papel de xornal e celo.
A Rede: podes usar unha corda ou cordel, goma, etc...Incluso se hai espazo abondo, podes usar unha cama a xeito de rede.
O Campo: para marcar os límites podes usar un anaco de papel cunha cor chamativa asentado con celo no chan. Se xogas enriba dunha alfombra evitarás incomodidades. Os que tedes espazo exterior, podedes practicar o Voleibol Leira, a variante galega do voleibol sentado no eido...;-))
Os equipos: podedes xogar cantos vós queirades. Para quentar podedes empezar xogando un Brilé.
OS DE 3º E 4º DA ESO AMPLIADE COÑECEMENTOS NO SEGUINTE ENLACE: