SABIAS A LENDA DO MATE DO PASTOR?
Un arrogante rei que paseaba pola campiña, parou descansar a carón dun pastor de ovellas que estaba a xogar unha partida de xadrez consigo mesmo. O rei, seguro da súa vitoria, dixolle ao pastor:
- Ninguén na Corte tenme derrotado.
Ao que o pastor respondeu:
- Entón, eu non serei rival para a Súa Excelencia.
O que non se imaxinaba o monarca era que o pastor o derrotaría en só catro movementos.
Ese día o rei desterrou aos cabaleiros e cortesáns que o acompañaban por deixarlle gañar sempre. Ademáis, nomeou ao pastor Duque do Xadrez, engadíndolle o título de Inventor do Xaque Pastor.
O MATE DO PASTOR
Este tipo de mate ocorre tralos 4 primeiros movementos do branco e os 3 primeiros do negro, polo que é un dos máis curtos que se coñecen.
MOVEMENTOS
Vexamos agora a partida en notación alxebraica completa:
BRANCAS NEGRAS
1. e4 e5
2. Bc4 Cc6
3. Dh5 Cf6
4. Dxf7++
Este mate pode darse con lixeiras variacións, pero a idea básica é que a dama (eng:queen) e o bispo(eng:bishop) cooperen para atacar o escaque f7, que é o máis débil arredor do rei, ao estar defendido só por este. De xeito, a idea de atacar f7 é moi típica en numerosas aperturas abertas, e este xaque mate serve de ilustración para os principiantes.
Sen embargo, o Xaque Mate Pastor é fácilmente defendible.
SABES COMO? No seguinte vídeo daranche algunhas solucións:
SABIAS QUE? Ainda hai xaque mates máis rápidos, como o Mate do Tolo. Busca información sobre el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario