venres, 24 de abril de 2020

6.- DÍA DA EF NA CASA: HAI QUE CELEBRALO!!


O vindeiro martes 28 de abril celebrase o Día da EF na Casa. Para celebralo, quería animarvos a preparar actividades voluntarias en familia na vosa finca ou dentro da casa, botando man da vosa imaxinación, e compartindoas cos demáis.

 

En Galicia hai xa máis de 17507 alumnos de 102 centros.


QUE ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PODEMOS FACER?

Tanto ese día como nos días previos podedes participar en distintas actividades, SEMPRE DE CARÁCTER VOLUNTARIO. Non fan falta grandes despregues, tratase máis ben de ter imaxinación, pero sempre sen facerse dano.

A continuación explicanse varias propostas a elixir:

1.- SESIÓNS DE EF:

Estase a preparar unha sesión especial de Educación Física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que estarán conducidas por docentes. Farase un percorrido por varios contidos curriculares de xeito dinámico e lúdico, puidendo sumarse toda a familia.

As sesións publicaranse en aberto o mesmo día do #DEFC2020 #DEFR2020, o 28 de abril, a través de YouTubeConsejoCOLEF, ás seguintes horas:
  • Primaria, ás 10:00 h (por se tedes algun irmanciño)
  • ESO, ás 11:00 h
  • Bachillerato, a las 12:00 h (ou algun irmán)

2- MOSAICO FOTOGRÁFICO

Mandede unha foto da actividade da clase de EF que estás facendo. Tamén podes crear un mosaico recopilando varias e metendo imaxes do centro ou o seu patio. Para facelo podes usar o Paint ou webs sinxelas como por exemplo: ww.easymoza.com


3.- VÍDEOS:

Podedes tamén facer vídeos curtos, realizando algunha actividade física relacionada coa EF, cumprindo coas seguintes condicións:

  •       Pon o nome do centro: CPI ANTONIO FAÍLDE.
  •        Explica brevemente a que contido se refire o vÍdeo.
  •        Di en dúas palabras o qué te aporta a EF.

RECOMENDACIÓNS PARA A PUBLICACIÓN NAS REDES

Os menores de 14 anos non debedes ter perfil en ningunha rede social, segundo marca a lexislación española e, polo tanto, non debedes subir contidos desde unha conta propia.

Os vosos pais -co consentimento de ambos proxenitores- poden subir imaxes dos menores de 14 anos ao seu cargo, cumprindo cos obxectivos e normas marcadas para esta actividade, sen menoscabo da lexislación vixente e do dereito do menor á propia imaxe.

Os maiores de 14 anos contarán sempre co permiso e supervisión de ambos proxenitores, denantes de subir calquera imaxe á rede.

Non poñades nunca o voso nome, enderezo familiar ou calquera dato persoal nas imaxes. Se queredes podedes usar un alcume (nickname).

Se podedes, mostrade, no vídeo ou foto, a imaxe oficial do #DEFC2020 #DEFR2020

Se decides subilo ás redes sociais co hashtag #DEFC2020 #DEFR2020, indica o número de persoas que tomou parte.

Quen non teña consentimento para a difusión da súa imaxe, pode sair de costas ou sen que se lle vexa a cara.

PRAZOS

Podedes subir vós mesmos as imaxes á rede, pero NUNCA ANTÉS DO MARTES.

Enviademe unha copia ao meu enderezo electrónico, usando o seguinte enlace gratuito: https://wetransfer.com/

AVISO IMPORTANTE

En base aos consellos dos expertos sanitarios, animate a facer actividade físico-deportiva durante o tempo de paseo fóra da túa casa ou finca a partir do domingo 26 de abril, evita usar o mobiliario urbano, balóns ou calquera obxectos similar.

Desinfecta os xoguetes, bicicleta ou patinete ao voltar a casa, deixando o calzado fóra. Lembra ademáis adoptar as precaucións habituais que vimos comentando, evitando espazos con obstáculos e contando coa supervisión paterna.

Lembrade cumprir sempre coas NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO.

Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas, como ben sabedes. Así que:


ÁNIMATE E A MOVER O ESQUELETE TODO O MUNDO!!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario