SABIAS QUE? A palabra "xaque" vén do persa shāh 'rei', a través do árabe.
Retrato de Fath Ali Shah Qaja, Irán, 1811, Museu do Louvre
Hoxe imos repasar esta xogada do xadrez que consiste en que o rei esta ameazado de captura inmediata por unha ou varias pezas do opoñente na próxima quenda. Dise que un rei ameazado deste xeito atópase en xaque.
HAI QUE TRATAR DE ELIMINAR A AMEAZA cunha das seguintes accións:
1.- Capturando a peza atacante.
2.- Interpondo unha peza entre a peza atacante e o rei (o cal non é posible se a peza atacante é un cabalo ou un pión).
3.- Movendo o rei a unha casa que non estexa ameazada.
No diagrama anterior, o rei branco pode sair do xaque por calquera dos tres métodos:
1.- Capturando a peza atacante movendo Cxa2.
2.- Bloqueando o xaque mediante os movementos Tc4 ou Cd5.
3.- Movendo o rei a calquera dos escaques non atacados (marcados con x); nomeadamente, Rd6, Re5, o Re7.
Se non é posible realizar algunha destas tres xogadas, trátase dun XAQUE MATE e a partida conclúe coa vitoria do xogador que conseguiu dalo, como no seguinte diagrama:
O rei branco esta en xaque mate! O rei non pode escapar ao xaque, así que as brancas perderon a partida.
LEMBRA! É XOGADA ILEGAL calquera movemento que poña ao rei en xaque.
Un rei non pode por si mesmo, dar xaque ao rei opoñente, xa que se colocaría tamén en xaque el mesmo.
En partidas amistosas, o xogador que ameaza con capturar ao rei contrario soe dicir: XAQUE!
En todo caso, nunha partida oficial baixo as reglas do xadrez non é obrigatorio anunciar o xaque.
SABIAS QUE? Na notación alxebraica un xaque rexistrase como calquera outro movemento, engadindo un "+" despois de escreber o movemento.
Como se anotaría entón o xaque do primeiro diagrama?
Ningún comentario:
Publicar un comentario