venres, 17 de abril de 2020

2.- VOLEIBOL SENTADO: TOKIO 2021 (TODA A ESO)

 
SABÍAS QUE? Morteza Mehrzad, o home máis alto de Irán (2.46 m.) e o cuarto do mundo, é a chave do éxito do seu equipo de voleibol paralímpico:



  
UN POUCO DE HISTORIA

O voleibol sentado naceu entre os anos 50 e 60 nos Países Baixos, como unha alternativa para soldados feridos.  Foi creado como unha combinación de voleibol e sitzball, un deporte xermano sen rede e con xogadores sentados.

 
 Un partido de Sitzmall alemán
 

CALES SON OS 5 MOTIVOS DO ÉXITO DESTA MODALIDADE?

Simple: Fácil de xogar, so precisas unha bola e unha rede improvisada.
Conectado:
Adaptado a partir dun dos deportes máis populares no mundo.
Inclusivo:
Persoas con e sen necesidades especiais poden xogar.
Diferente:
Explota todas as posibilidades de movemento na posición sentada.
Espectacular:
É máis rápido que o voleibol convencional, supondo un desafio constante.

Nas actuais normas xogase con 6 xogadores de campo por equipo, pero nas próximas olímpiadas querese ampliar o número de xogadores ata 8, como vimos facendo habitualmente no colexio. Podes ver a continuación, un vídeo promocional das pasadas Olímpiadas de Londres:



 LEMBRA! Durante o xogo tes que ter, como mínimo, un glúteo en contacto co chan.

http://www.worldparavolley.org/


Por suposto, tamén existe o VOLEIBOL PRAIA SENTADO:

 News detail - Beach volleyball enthusiasm and strong winds keep ...

http://rio2016.fivb.com/


 MEDIDAS DO CAMPO

O campo oficial ten as seguintes medidas:



Hai outras posibilidades:


PROPOSTA DE IDEAS PARA CASA

Ocorreseche como adaptar o Voleibol Sentado ás condicións do confinamento? Vouche dar algunhas ideas para que vexas que non é tan díficil. Lembra sempre que o máis importante é que non te des un golpe, polo que debes buscar un espazo sen obstáculos e contar sempre coa supervisión previa dun adulto responsable. O ideal sería facer prioritariamente, un voleibol cooperativo.

A Pelota: podes desinflar un balón que teñas na casa para que sexa máis brando. Se tes globos tamén os podes usar. E se non tes ningunha pelota, podes fabricar unha con papel de xornal e celo.

A Rede: podes usar unha corda ou cordel, goma, etc...Incluso se hai espazo abondo, podes usar unha cama a xeito de rede.

O Campo: para marcar os límites podes usar un anaco de papel cunha cor chamativa asentado con celo no chan. Se xogas enriba dunha alfombra evitarás incomodidades. Os que tedes espazo exterior, podedes practicar o Voleibol Leira, a variante galega do voleibol sentado no eido...;-))

Os equipos: podedes xogar cantos vós queirades. Para quentar podedes empezar xogando un Brilé.

OS DE 3º E 4º DA ESO AMPLIADE COÑECEMENTOS NO SEGUINTE ENLACE:

http://www.paralimpicos.es/deportes-paralimpicos/voleibol-sentado


ANIMA A TODA A FAMILIA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario