xoves, 4 de xuño de 2020

MUSCULATURA FLEXO-EXTENSORA DA TÁBOA 1 DE XIMNASIA COMPENSATORIA (TODA A ESO)

SABÍAS QUE? A epicondilite ou cóbado de tenista, é a lesión máis frecuente nesa articulación. Normalmente se debe a unha sobrecarga dos músculos extensores do antebrazo.


<p>Imagen de la infografía sobre la epicondilitis o codo de tenista, realizada por la Clínica Universidad de Navarra</p>

Nestas pasadas semanas abordamos a presentación da táboa que xa coñecedes, primeiro presentando os exercicios e logo dandolle nome e localización á musculatura máis implicada nos mesmos.


Hoxe imos profundizar nos conceptos de flexión e extensión.

A flexión é un movemento no que se achegan dúas partes co corpo. Por exemplo: na flexión do cóbado achegase o antebrazo ao brazo.

A extensión, á inversa que no caso anterior, é un movemento no que se alonxan dúas partes do corpo. P.e.: Na extensión do xeonllo o papo da perna alonxase do muslo, estirándose toda a extremidade.



Como se comentaba nunha entrada anterior do blog, os hábitos de hoxe en día fan que moitas persoas teñan vencidos os músculos extensores do tronco, nunha situación na que a musculatura flexora actúa como vencedora, producindo o típico encorvamento.

Esta situación afecta en particular á musculatura do tronco e das extremidades superiores, debido a que pasamos moito tempo sentados na postura do cocheiro, encorvados cara adiante; ou ben na postura do pasota (apoio isquiático). Se queredes repasar estas posturas, mirade na entrada previa correspondente:

http://efesofailde.blogspot.com/2020/04/estar-en-forma-como-astronautas-ver-e.html

Vamos a ver a continuación que musculatura é extensora ou flexora en cada un dos exercicios da taboa que xa coñecedes, que tamén vós mandei por correo en formato pdf:





Agora só hai en saber en cada caso individual a que exercicios temos que adicar máis tempo, para corrixir a nosa postura e evitar posibles problemas, que se irán acumulando co paso do tempo se non lle pomos remedio. Unha boa elección e práctica correcta dos distintos estilos de natación serán tamén de gran axuda. Nadar é un deporte estupendo para practicar durante o verán.

ÁNIMO E A COIDARSE!!

COIDAR O PRESENTE É PREPARAR UN FUTURO MÁIS SAUDABLE E FELIZ

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario