mércores, 3 de xuño de 2020

10.- XADREZ: MATES BÁSICOS (2º ESO)

SABIAS QUE? O español José Raúl Capablanca, en decembro de 1901, á idade de trece anos, derrotou ao campión nacional cubano Juan Corzo, co resultado de 4 vitorias, 3 derrotas, e 6 táboas, acadando o título de campión de Cuba. Posteriormente, foi campión do mundo.


        Capablanca, o neno prodixio do xadrez español, xogando co seu pai en 1892

Achegase o fin de curso e nos días que quedan imos centrarnos nalguns aspectos fundamentais para ter unha visión xeral do xogo. Hoxe tocanos aprender algo máis sobre os mates máis básicos, aqueles que son imprescindibles para calquera xogador novel. Usaremos varios vídeos moi curtos para explicalos, pero antes quería comentaros alguns detalles.

Moitos xogadores noveis dan os seus primeiros pasos nas aperturas e no medio xogo, esquecendo a importancia que tamén teñen os finais. Aprender ben alguns finais básicos que se soen producir con frecuencia é, polo tanto, algo fundamental; resultando ademáis moi útil para comprender a forza que ten cada peza.


Precisamente, a capacidade que ten o xadrez para axudarnos a aprender a organizar e planificar, amosase con especial claridade, na fase final dunha partida.

Os mates básicos que imos tratar estan ordeados por dificultade, desde o máis sinxelo ao máis complicado e son os seguintes:

1.- REI E DÚAS TORRES CONTRA REI:


2.- REI E DAMA CONTRA REI:


3.- REI E TORRE CONTRA REI:


4.- REI E DOUS BISPOS CONTRA REI:


Cando subades de nivel, será importante aprender o Mate de Rei, Cabalo e Bisbo contra Rei, que require máis tempo de práctica e soe ser menos frecuente, pero non por iso menos importante.

No final da partida soemos estar máis cansos, polo que é máis fácil cometer un erro. Así que en base ao devandito, tería que ser posible dar eses mates sen ter que pensar apenas, polo que teñen que estar moi ben aprendidos e ter sido practicados con frecuencia.

ÁNIMO E A SEGUER APRENDENDO!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario