luns, 23 de marzo de 2020

1.- MANTERSE EN FORMA COMO ASTRONAUTAS? (TODA A ESO)

Bos días a tod@s! O título desta entrada non ven máis que a lembrarnos a importancia de facer exercicio físico diario durante o período de confinamento, pensando no día a día, como ben saben os astronautas que pasan longos períodos de tempo no espazo.

 Dibujo que representa a un astronauta haciendo ejercicio


Na nosa casa, podemos usar os recursos que teñamos máis a man, elixindo unha actividade que nos resulte entretida. Por exemplo, usar unha simple botella de auga mineral como se fora unha pesa. Ademáis, como xa sabes, estes días estamos coñecendo moitas propostas gratuitas para exercitarse, vendo vídeos en internet ou nunha app. Non tedes máis que buscar aquelas actividades que máis se adapten aos vosos gustos.

O IMPORTANTE É MANTERSE ACTIVO!

Cal é a túa actividade preferida? Podesnolo contar máis abaixo, engadindo un comentario. A modo de exemplo, tedes o adestramento virtual gratuito ofrecido en TVE polo profesor de OT, Cesc Escolà, que se emitirá de luns a venres a partir das 9:00h am. Seguramente tamén este disponible na televisión á carta, onde poderás escoller o horario que mellor se adapte a ti:

https://www.rtve.es/rtve/20200319/muevete-casa-cesc-escola/2010387.shtml

 


Se tedes unha bicicleta estática en casa ou unha cinta para correr, podedes ver a vosa serie favorita mentres vos exercitades; ou ben chegou o momento de recuperar a vella Wii para xogar aos bolos; e aprender as últimas coreografías disponibles en Just Dance 2020, descargando a app para o móbil ou vendoas en Youtube. No programa Real Mom de Tania Llasera en Boing de luns a venres a partir das 13:25 horas, practicaranse divertidas coreografías na sección Let´s Dance. 
LEMBRA, EN TODO CASO QUE É IMPORTANTE:

- Facer un quecemento axeitado antes da actividade principal.
- Realizar exercicios de Flexibilidade.
- Exercitar a Forza-Resistencia (abdominais, planchas,...).
- Traballar a Resistencia Aeróbica (andar ou correr no sitio, bailar,...).
- Hidratarse e alimentarse ben, para seguir medrando e poder facer ben os exercicios.
- Sair ao balcón vinte minutos diarios para que nos de o sol e xenerar vitamina D.
- Durante a práctica, estremar as precaucións para evitar golpes e caídas.

CONSELLO: ELIXIR UN EXERCICIO QUE SE ADAPTE ÁS VOSAS POSIBILIDADES.

Ademáis engadir algunha actividade física en parella ou grupo esta xenial. Por exemplo: mini-tenis de mesa, xogando coas mans se non tes pás e usando unha pelota pequena que teñas na casa.

Un par de veces por semana (ver luns e venres a partires das 10:00am), crearei entradas no blog con suxerencias para reforzar os temas que levamos dado este curso. A primeira xa a podes ver: OS MALABARES.

Os mércores recomendovos que vexades en TVE o apartado adicado á EF:

 https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Para calquera pregunta ou dúbida, podedes dirixirvos ao meu enderezo electrónico:
xan.trigo@edu.xunta.gal

Ou escribindo un comentario aquí mesmo. Pero, por favor poñede o voso nome e primeiro apelido...:-)

ÁNIMO E A FACER EXERCICIO COMO OS ASTRONAUTAS!!!

 


venres, 9 de marzo de 2018

MOSTRA DE MAPAS DE ORIENTACIÓN DO BARCO VALDEORRAS

A continuación tedes os mapas usados no Campionato Galego Escolar que tipo lugar no 2013 no mapa semiurbano do Barco de Valdeorras e que abrangue o Paseo do Malecón e o Parque do Salgueiral:








venres, 5 de abril de 2013

CAMPIONATO GALEGO de ORIENTACIÓN ESCOLAR 2013 (O BARCO DE VALDEORRAS)

Ola, quería ofreceres la siguiente información:

Boletín 1 da proba: con toda a información. Especialmente interesante o relativo á zona de saída e meta. Aconsellase a súa lectura completa.

https://docs.google.com/file/d/1pyXyzsSxVbqH0Dz8DDDea6xLLd5BrJ94kUFncSPubSK_ugbXZ_R-nSo81A_r/edit?usp=sharing 

Mapa da proba: Adxunto imaxe coa zona a utilizar. Haberá que cruzar a pasarela e a maioría das balizas estarán na zona de parque-bosque coñecida como o Salgueiral. Aconsellovos que sigades os camiños. Este mapa esta homologado pola FEDO e foi estreado en maio de 2012 por mor dunha proba federada. A vexetación pode ter sufrido variacións desde entón e máis tendo en conta esta primavera chuviosa que temos.

 
Consellos para O-Sprint: adxuntovos tamén un enlace cun vídeo filmado por un rapaz de 12 anos que entrevista ao ex-campión inglés desta modalidade. Da 3 consellos que relato a continuación:

1.- Aproximarse ao control polo lado contrario ao de saída do mesmo. Así non haberá parón ningún.
2.- Tomar unha decisión sobre como atacar un control con antelación e mantela. Non dubidar.
3.- Estar atento para visualizar de antemán detalles (controles) que visitarás más tarde.


 Podedes procuralo en youtube como: Sprint Orienteering Training Tips

O vídeo está en inglés, pero xa se sabe que vale máis unha imaxe que mil palabras. Ademáis hai texto  de apoio.

Se queredes algo de practica simulada podedes acceder a dúas demos gratuitas dos seguintes xogos. Veñen en inglés, pero hoxe en día non é díficil entender as instruccións e aprender a usar os comandos con traductores como o de Google:

- Catching features (Tomando detalles): http://www.catchingfeatures.com/demo.php
- Orienteering simulator: http://www.suunnistussimulaattori.net/portal_en/index.php

O primeiro é americano é o segundo finés. Este ano que temos a unha asistente de Comenius finlandesa no centro (Tiina) como compañeira, non puidemos ter máis sorte, porque se tedes algunha dúbida, podedes preguntarlle a ela tamén. Ademáis este ano celebrarase o Campionato do Mundo en Finlandia:

http://www.woc2013.fi/ssl/woc.nsf/start

Que vós vaia ben! O segredo do éxito esta na preparación. Non o esquezades!