luns, 23 de marzo de 2020

1.- XADREZ: XOGO ONLINE E NOTACIÓN ALXEBRAICA (2º ESO)

Boas tardes. Estas semanas que veñen son unha estupenda oportunidade para xogar ao xadrez e profundar nos nosos coñecementos deste deporte.

Se non tedes un taboleiro na casa, propoñovos que usedes a páxina que xa coñecemos, ben sexa no ordenador ou no móbil. Podedes descargar a app, pero é mellor xogar nunha pantalla grande para non forzar a vista. O enlace é o seguinte:

https://lichess.org/

MOI IMPORTANTE: Non é preciso para facer uso desta web ou app, pero se queredes rexistraros, tedes que contar co permiso paterno e facelo na versión para menores de idade.

Para comezar propoñovos as seguintes actividades:

1.- CREAR UNHA PARTIDA RÁPIDA A 10 MINUTOS E XOGAR:


2.-NA BARRA DE TAREFAS IR A APRENDER, DESPREGAR E SELECCIONAR COORDENADAS: Practica varias veces a ver se aumentas o número de acertos.

 


 DESFRUTA DO XADREZ A TOPE!!!


2.- MANTERSE EN FORMA COMO ASTRONAUTAS: CIRCUITOS DE FORZA- RESISTENCIA (3º- 4º ESO)

Boas de novo. Desde esta tarde, tedes a posibilidade de acceder gratuitamente aos circuitos de Forza-Resistencia e outras actividades físicas de Beone, concesionaria da instalación deportiva municipal das Eiroás en Ourense. O enlace de acceso é o seguinte:

 https://beone.es/behome/

Para darvos de alta como usuarios tedes que ter permiso paterno. É unha boa ocasión para animarse a facer exercicio en familia. Beone tamén ten unha app para ver os exercicios no móbil.

En vindeiras entradas amosaranse outras alternativas similares, como por exemplo:

Resultado de imaxes para: tabla ejercicios

AVISO IMPORTANTE: Tedes que buscar unha zona de casa co maior espazo libre posible. Os exercicios con cadeiras é mellor facelos nunha escaleira para evitar caídas.

SABÍAS QUE: Os astronautas adestran dúas horas e media ao día cando estan no espazo? Nós non temos por que chegar a ese nivel, pero podemos facer algo de exercicio todos os días. A OMS recomenda unha hora de exercicio diario para os menores de idade. Para ir collendo ritmo podemos facer tres circuitos de forza-resistencia en días alternos, e trinta minutos de carreira ou marcha no sitio o resto dos días.

 Resultado de imaxes para: entrenamiento astronautas

Se queres saber como o afrontan eles esta situación, podes ler este breve artigo:




1.- O CIRCO DOS MOZ@S: APROXIMACIÓN AOS MALABARES (TODA A ESO)

Sabias que ao oeste da India hai unha zona que é a costa Malabar e que os seus habitantes eran coñecidos por ser moi hábiles manexando bolas como no circo?

A referencia máis antiga sobre os malabares atopamola no Antigo Exipto, na tumba 15 dun príncipe descoñecido (1794 a 1781 a. C.) en Beni Hassan.  O Dr. Bianchi, do Brooklyn Museum contanos que o príncipe esta mirando eternamente a un muro pintado, observando a unhas mulleres facendo malabares, algo que lle facía desfrutar en vida e que desexaba levarse ao máis ala.

 

Para facer malabares podes usar bolas, mazas similares ás de ximnasia rítmica e outros aparellos. As pelotas canto menos boten, máis fácil será usalas.


FABRICA OS TEUS PROPIOS MALABARES!!

No seguinte vídeo aprenderás a facelos só con tres globos e un pouco de arroz:


 

 APRENDE AGORA A EXECUTAR A FERVENZA CON DÚAS BOLAS:


 Consello técnico: Lembra manter os cóbados pegados ao corpo e mover os antebrazos.

Se queres practicar máis exercicios, proba cos do seguinte vídeo:



A continuación o mellor mabarista do mundo actuando co Cirque du Soleil:


 Ou quizáis prefiras velo cando tiña 9 anos?


 ÁNIMO! XA ESTAS MÁIS PERTO DE SER UN AUTÉNTICO MALABARISTA!!