sábado, 14 de abril de 2012

Carreira Ori Vigo (CUVI 21 Abril)


A continuación podedes ver o mapa co que vós ides encontrar. Correspondese cun percorrido de nivel 5. En INICIACIÓN CURTA o percorrido será de nivel 1 e o mapa irá con máis detalle porque será a unha escala maior (1:7500), polo que será máis fácil de interpretar que este. A zona de saída-meta será a mesma. Onde estan os 2 círculos concéntricos atopase o Centro Comercial-cafeteria.


A maioría das cruces negras do mapa son grandes postes da luz. Algunha é o típico panel co nome dunha facultade. Atención ás edificacións en gris claro. Son zonas porticadas a través das que se pode pasar.

A última novidade que publicaron sobre a proba en: http://agaco.es/ foi un documento sobre como se van organizar as saídas. Ver no seguinte enlace:
https://agaco.intranetdeportiva.com/intranet/media/attachments/file/4f8837d400b03-esquema_saida.pdf

Todas a información sobre a proba esta en: http://agaco.es/gl/events/view/4f7c1b817c87e/

O venres 20 máis tardar, publicarán aí a listaxe de horas de saída. Procurar por Clube Trevinca-Barco, que vai ser a entidade a través da que nós inscribamos.

Para rematar vai un croquis de como acceder máis rápido. Hai quen preferirá ir por Puxeiros-Mos, pero eu normalmente vou por este rota. Leva unha hora e dez minutos.


Aquí está o croquis proporcionado pola organización.

venres, 25 de febreiro de 2011

ENTREGA LIBRETAS 2º TRIMESTRE: 1 DE MARZAL

A partir do 1 de marzal procedérase á recolleita de libreta de EF para a súa corrección. Non se correxirán libretas máis ala do dia 15 dese mes.

O Profesor de EF

Xan M. Trigo Recarey

mércores, 23 de febreiro de 2011

MAPAS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA: ALLARIZ, OURENSE E A ESMORGA

Ola! Recollense aquí os seguintes enlaces:

- Mapa Allariz 1:5000 realizado en 1995 por Francisco Cobas:
https://docs.google.com/leaf?id=0BwCNpGMPoalHNzNkZjNiNWMtNmM5ZC00MjE5LWE2MzgtNTlkZWUxOTBhZDdj&sort=name&layout=list&num=50

- Mapas de Ourense 1:4000 cos trazados do Iº Campionato Escolar Provincial 2009:
Nos lugares onde se ubican os controis destes dous percorridos non atoparades ningunha baliza a dia de hoxe.

Para rematar hai vai un regaliño para desfrutar coas vosas amizades, familia ou viciños. Tratase do mesmo Mapa de Ourense pero co trazado do Percorrido Literario de A Esmorga, que algúns xa fixestes no pasado trimestre, seguindo aos personaxes desa novela de Eduardo Blanco Amor. Aí vai o enlace:

https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0BwCNpGMPoalHZGJhZjhmMDMtNGI4MS00NTllLWFkZWItODIwNmNjMjNiNWFk&hl=es

Andando leváravos unha media hora. Os controis coinciden na súa maioría cunhas placas azuis situadas nas paredes dos edificios a uns 3m de altura, nas que recollen pasaxes da obra. Os dous últimos controis son a estatua do autor (PUNTO DE CONTROL 9: Xardíns do Bispo Cesáreo) e unha placa ubicada na casa onde naceu (P.C. 10: Rúa Lepanto). Dicer aquí, que o Triángulo de Saída máis os dous círculos concéntricos que indican a Meta no mapa, non teñen reflexo no terreo con ningun elemento indicador (placa, baliza,..). Colocaronse na zona da Praza Maior por ser este lugar un punto de encontro habitual.

Se queredes descargar o díptico editado polo Concello de Ourense sobre este roteiro, ver o seguinte enlace:

http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_2708_4.pdf

No croquis do díptico hai dous erros de ubicación das placas. En particular, refírome a que esta enfronte do Líceo (P.C.7) e a que esta perto do Belen de Baltar, na Praza de San Cosme (P.C.3). No mapa de orientación estan ben colocados.

Por último lembrar que non esquezades respectar as Normas de Circulación Vial.

Que os desfrutedes!

sábado, 15 de xaneiro de 2011

VÍDEOS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA: VÉMONOS NA FRAGA!

Neste 2º trimestre dentro do tema de Actividades Físico-Deportivas na Natureza abordaremos esta nova disciplina en plena expansión na Galiza. Podedes ver os seguintes vídeos sobre este deporte nos enlaces que se ofrecen a continuación:

- Reportaxe sobre Orientación na TVG: http://www.youtube.com/user/juananto#p/u/3/N0j-Fa6vUlQ

VÍDEOS DE APRENDIZAXE

- El Deporte del Bosque (I): http://www.youtube.com/watch?v=rF34oSmT9Wg&playnext=1&list=PLCFBB692001972F0F

- El Deporte del Bosque (II): http://www.youtube.com/watch?v=xSXoyLnmKTc&playnext=1&list=PLCFBB692001972F0F

- El Deporte del Bosque (III): http://www.youtube.com/watch?v=sCaX8jD4m44&NR=1

- Orienteering for beginners (en Inglés): Vídeo de 5 minutos moi fácil de entender no que un neno explica como discurre unha proba de orientación. O máis visto en internet a nivel mundial. Todo un éxito!: http://www.youtube.com/watch?v=OZOI9kKuA4I

COMPETICIÓNS DE ORIENTACIÓN

- Vídeo promocional do Campionato do Mundo Hungria 2009: http://www.youtube.com/watch?v=qI4n4s8jJ6U

- Follow me (Sígueme) vídeo de Thierry Georgiou, o francés campión do mundo: http://www.youtube.com/watch?v=_YrNWVzdKGk&playnext=1&list=PLB03775CDE3D957F9

- Saída en masa da Jukkola, proba de remudas finlandesa con 15000 participantes que dura 24 H: http://www.youtube.com/watch?v=8LbjAtK7Www&playnext=1&list=PL1F68B54E3036BCD1

- Vídeo da proba urbana do Mundial de Orientación en Bicicleta de Montaña, celebrada en Chaves en xuño do 2010: http://www.youtube.com/watch?v=lvfvIuO5AwA&feature=player_embedded#at=36

venres, 3 de decembro de 2010

BALONMÁN GALIZA-ARXENTINA

No Nadal do 2008 desputouse este partido con resultado de empate a 26 no Pavillón dos Remedios de Ourense. Ver vídeo no seguinte enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=v0bWGwpiV6o

Outros vídeos interesantes de Teledeporte son os seguintes:

- Resumo do partido feminino entre España e Rusia (28:23):

http://www.youtube.com/watch?v=a7GubxtZ1rQ

- Resumo do partido masculino entre España e Francia do Europeo de 2010:

http://www.youtube.com/watch?v=G0bcTSNwU3s

INTRODUCCIÓN AO LANZAMENTO DE PESO

Selo conmemorativo da victoria húngara nas Olimpiadas de Xapón en 1964

Se queredes saber máis sobre este concurso atlético podedes mirar no seguinte enlace:
http://es.wikipedia.org/wiki/Lanzamiento_de_peso

xoves, 2 de decembro de 2010

LOLI PEDRARES, UNHA VIGUESA LANZADORA

Dolores Pedrares retirouse sendo lanzadora de martelo. Pero antés tamén o foi de disco. Para saber algo máis sobre esta atleta galega 4 veces campioa estatal de martelo, ver o seguinte enlace:
http://lacomunidad.elpais.com/evelio47/2008/10/26/recuerdos-dolores-pedrares-si-puedo-estar-peleando-por

VIDEO DE LOLI PEDRARES:

http://www.youtube.com/watch?v=WaJLvlcxBPo

SIMPÁTICO VÍDEO DE BERNI, PERSONAXE ANIMADA DA TVE

http://www.youtube.com/watch?v=aMhzqujo5-U

Outro vídeo, esta vez de Berta Castells:

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20080818/jjoo08_castells-lanzamiento-peso/259409.shtml