mércores, 15 de abril de 2020

3.- XADREZ: XAQUE! (2º ESO)


SABIAS QUE? A palabra "xaque" vén do persa shāh 'rei', a través do árabe.

Ficheiro:Portraet-af-Fath-Ali-Shah-Qajar.jpg
 Retrato de Fath Ali Shah Qaja, Irán, 1811, Museu do Louvre

Hoxe imos repasar esta xogada do xadrez que consiste en que o rei esta ameazado de captura inmediata por unha ou varias pezas do opoñente na próxima quenda. Dise que un rei ameazado deste xeito atópase en xaque.

HAI QUE TRATAR DE ELIMINAR A AMEAZA cunha das seguintes accións:

1.- Capturando a peza atacante.

2.- Interpondo unha peza entre a peza atacante e o rei (o cal non é posible se a peza atacante é un cabalo ou un pión).
3.- Movendo o rei a unha casa que non estexa ameazada.

 

No diagrama anterior, o rei branco pode sair do xaque por calquera dos tres métodos:

1.- Capturando a peza atacante movendo Cxa2.

2.- Bloqueando o xaque mediante os movementos Tc4 ou Cd5.

3.- Movendo o rei a calquera dos escaques non atacados (marcados con x); nomeadamente, Rd6, Re5, o Re7.

Se non é posible realizar algunha destas tres xogadas, trátase dun XAQUE MATE e a partida conclúe coa vitoria do xogador que conseguiu dalo, como no seguinte diagrama:

 

O rei branco esta en xaque mate! O rei non pode escapar ao xaque, así que as brancas perderon a partida.

 LEMBRA!  É XOGADA ILEGAL calquera movemento que poña ao rei en xaque.

Un rei non pode por si mesmo, dar xaque ao rei opoñente, xa que se colocaría tamén en xaque el mesmo.

En partidas amistosas, o xogador que ameaza con capturar ao rei contrario soe dicir: XAQUE! 

En todo caso, nunha partida oficial baixo as reglas do xadrez non é obrigatorio anunciar o xaque.

SABIAS QUE? Na notación alxebraica un xaque rexistrase como calquera outro movemento, engadindo un "+"  despois de escreber o movemento. 

Como se anotaría entón o xaque do primeiro diagrama?









martes, 14 de abril de 2020

4.- ESTAR EN FORMA COMO ASTRONAUTAS!! COMO FACER FLEXIÓNS DE BRAZOS? (TODA A ESO)

Bos días a todos e todas! Espero que sigades ben.

Hoxe imos abordar como facer as flexións de cóbados para mellorar a forza-resistencia do tronco superior e as extremidades co noso propio peso e nun espazo reducido. Este exercicio é coñecido por outros nomes como plancha ou lagartixa.

A nivel xeral podemos marcar tres niveis de dificultade:

1.- FÁCIL: de pé contra a parede.

2.- MEDIO: no chan apoiando os xeonllos, ademáis das mans.

3.- DÍFICIL: non chan sen apoiar os xeonllos.


No seguinte vídeo, vemos como facer planchas do nivel 1 contra a parede:



MOI IMPORTANTE: Para comezar apoia toda a pranta dos pés e nunca fagas o exercicio contra unha porta acristalada.

Nestoutro vídeo explicase como facer a plancha de nivel 2 no chan:




3º e 4º da ESO: para avanzar un pouco máis, visionade os seguintes dous vídeos:


E se queremos combinar as sentadiñas coa plancha de nivel 3 estática:

 

ERROS MÁIS COMÚNS:

- Non aliñar o tronco e os glúteos.
- Non flexionar os cóbados (baixar e subir, p.e.) completamente.
- Non espirar ao flexionar (baixar, p.e.).
- Non achegar os cóbados ao tronco.  

Bueno, agora xa sabes como traballar as flexións de brazos, así que en cada circuito de forza-resistencia que fagas, xa podes incluilas xunto coas sentadiñas que xa aprenderamos.

É suficiente con facer 3 series de cada circuito, en días alternos. Cada circuito constará dun mínimo de 4 exercicios con 20 repeticións para cada un.

UN EXEMPLO DE CIRCUITO:
  
20 de 1/3 sentada + 20 planchas na parede + 20 1/2 sentada + 20 planchas non chan.

Repetir tres veces a devandita serie, cun descanso intermedio de 2-3 minutos entre cada unha.

Este exemplo hai que adaptalo ás nosas posibilidades, pero a chave esta en non quedarse curto, nen tampouco pasarse.

Inclúe tamén na túa rutina semanal un exercicio de Resistencia Aeróbica (movendo todo o corpo) durante polo menos 30 minutos en días alternos. Alguns exemplos serían:

- Andar no sitio: Vendo a nosa serie favorita na TV, etc...

- Correr no sitio: Neste caso é moi IMPORTANTE usar calzado adecuado e facelo sobre unha superficie que amortigüe os impactos para evitar lesións; por exemplo: unha estera de camping.

- Bailar: Just Dance, etc...

Tamén é importante estimular a nosa coordenación con retos como o que prantexou Federer: 

Ocorrenseche outras ideas similares usando só a man e outros tipos de pelotas?

Nesta foto tes un exemplo de mesa de Mini Tenis de Mesa sen rede:
 


Xa só tes que redondear un anaco de porespan ou pulir un carrabouxo para ter unha pelota coa que desfrutar dun xogo de palma, pá ou raqueta que se te ocorra.

Podes buscar vídeos en internet sobre como fabricar unha raqueta, unha mini mesa, etc...

LEMBRA! Para non facerse dano: evita zonas con obstáculos cercanos, podes xogar a pés quietos, e consulta sempre cun adulto previamente se o lugar é axeitado.



MOITO ÁNIMO E A MOVERSE TOD@S!!!




xoves, 2 de abril de 2020

ACTIVIDADES DE EF E XADREZ DO FIN DO 2º TRIMESTRE

Boas a tod@s. Espero que sigades moi ben. Para rematar o trimestre propoñovos varias actividades arredor de: o mundo do circo, os xogos tradicionais, o voleibol, o acondicionamento físico saudable e o xadrez:
 
1.- LE CIRQUE DU SOLEIL:

Descubre o que nos ofrece na seguinte nova:

https://www.20minutos.es/noticia/4206913/0/el-cirque-du-soleil-crea-una-plataforma-donde-ver-parte-de-sus-espectaculos-incluso-con-realidad-virtual/

Ou na súa web no apartado cirqueconnect:

 https://www.cirquedusoleil.com/cirqueconnect

No que atoparás o seguinte vídeo gratuito:




  UN ESPECIAL DE 60 MINUTOS!!!

E moito máis: obradoiros de maquillaxe, preparación física, etc...

2.- OS XOGOS TRADICIONAIS:

Podes tentar fabricalos na casa con material de refugallo. Ocorreseche como?

A CHAVE DE OURENSE

 

OS BOLOS



Sabías que? En Irlanda xogan aos bolos en locais pequenos por mor do mal tempo. Inventa as túas propias modalidades de xogos tradicionais caseiros, sen esquecerte de:


3.- O VOLEIBOL:

En Volleyball World (Youtube) podes ver a Yuji Nishida, o mellor atacante do mundo, en:

 


Ou partidos espectaculares en estrea desde hoxe, como este entre Italia e Serbia:

 

 Máis vídeos na superinteresante canle Titans Volleyball:

 


4.- ESTAR EN FORMA COMO ASTRONAUTAS (CONTINUACIÓN):

Temos que seguir exercitándonos co que teñamos a man, tirando tamén dos recursos que nos ofrece a TVE e internet, onde se estan ofrecendo innumerables iniciativas gratuitas para facer exercicio. Hoxe vouvos recomendar o programa EN FORMA, lanzado pola DEPUTACIÓN DE OURENSE no grupo de Youtube pazopacopaz:

Aquí podes ver os HORARIOS:


E as CLASES todos os días 2 veces:

 

Pero antes de practicar calquera circuito tes que ler este artigo, para facelo do xeito máis seguro posible:


Aquí vós deixo un extracto do mesmo:

 "O ximnasio está agora nas pantallas, onde rapidamente estan xurdindo interesantes iniciativas para manter a forma física durante o tempo que duren as medidas de illamento domiciliario. Incluso mellorala. Hainas ata para os asiduos ás rutinas cardiovasculares. Pero non todo vale, non todo é recomendable e na casa tamén te podes lesionar. Onde conseguir adestramentos fiables? É mellor usar unha app ou por titoriais de YouTube na tele do salón? Paga a pena apuntarse ás sesións de adestramentos dun streaming de  Instagram Live? Tres expertos analizan as mellores opcns."

Non esquezas ademáis de camiñar ou correr por casa ou no sitio, vendo a túa serie favorita.É moi, moi fácil e tremendamente saudable, como nos contan neste artigo:


AVISO IMPORTANTE: Se durante a realización de exercicio experimentas debilidade, mareo, dor ou dificultade para respirar, debes parar inmediatamente.


5.- XADREZ:

Propoñote estas actividades para Semana Santa usando a web lichess:

- Xogo online cos teus amigos;

- Repasa as tarefas de aprendizaxe dos movementos das pezas;

Ou ver este vídeo dunha partida rápida entre o gran mestre e xogador profesional, o ourensán Iván Salgado (posto 348 do mundo), contra o campión do mundo, o noruegués Magnus Carlssen:




ou quizais prefiras voltar ver esta obra mestra dun neno de 13 anos:

 

 BOAS VACACIÓNS!!!