martes, 12 de maio de 2020

7.- O XADREZ: ERASE UNHA VEZ UN REI MOI SABIO: (2º ESO).

SABIAS QUE? En certa ocasión, Afonso X O Sabio, quiso elixir a un conselleiro entre varios candidatos, retándolles a xogar ao xadrez para decidir quen sería. Só dous lle gañaron. Entón, ordeoulles aos dous vencedores que se enfrontasen ao mellor de seis partidas. Un dos aspirantes gañounas todas, pero para sorpresa dos cortesanos, Afonso escolleu como conselleiro ao perdedor.

Que explicación crees que deu o Rei Sabio para xustificar tan sorprendente decisión?


ALFONSO X EL SABIO - La Vieja España

Afonso X O Sabio, promoveu o LIBRO DOS XOGOS que versa sobre as actividades lúdico-deportivas de mesa da nobreza medieval. O nome orixinal do libro é:
Juegos diversos de Axedrez, dados, y tablas con sus explicaciones, ordenados por mandado del Rey don Alfonso el sabio

Este libro é o máis antigo sobre o xadrez -tal como o entendemos actualmente- que nos ten chegado, sendo escrito en 1283. O libro consta de 98 folios de pergamino con 150 espléndidas miniaturas. Está dividido en sete partes, sendo a primeira o denominado como «libro de axedrez».

TESORO MILITAR DE CAVALLERÍA | ARISTOCRACIAS
     Dous cabaleiros da Orde de Santiago xogando ó xadrez

No libro descrebense as reglas do xogo e incluense cento tres problemas, dos cais oitentanove aparecen noutros tratados de orixe árabe. O único exemplar orixinal existente na actualidade conservase na biblioteca do mosteiro de El Escorial, na provincia de Segovia.

ATREVESTE A RESOLVER O PROBLEMA NÚMERO 58 DO LIBRO?



Xogan as negras e dan mate ao Rei branco en tres xogadas.

SABIAS QUE? A forma e nome das pezas actuais proven da época de Afonso X O Sabio.

QUERES SABER MÁIS SOBRE ESTE REI QUE AMABA O XADREZ?

Afonso X O Sabio, rei da Galiza, León e Castela durante o século XIII, parece ser que pasou parte da súa infancia na vila ourensá de Allariz, promovendo o galego-portugués como língua culta da corte. Probablemente compuso varias das Cantigas de Santa María, que quizáis tarareaba mentres desfrutaba do seu xogo preferido: o xadrez.

No prólogo do libro, o autor falanos da invención dos distintos xogos como xeito de procura da felicidade e do disfrute por parte da humanidade. Así que para despedirnos, que mellor que lembrar o que dícía o Rei Sabio:


DISFRUTA DO XADREZ!!!

mércores, 6 de maio de 2020

6.- XADREZ: O XOGO MEDIO. (2º ESO)

Hoxe imos abordar a segunda fase dunha partida de Xadrez. 

Pero antes de empezar vexamos este divertido vídeo no que nos lembran as 3 FASES QUE TEN UNHA PARTIDA DE XADREZ:

1ª) APERTURA

2ª) XOGO MEDIO

3º) FINAL



Durante o Xogo Medio, cada xogador moverá ás súas pezas para conseguer dar mate ao rei contrario ou chegar a un final ventaxoso, pero:

COMO SE MOVE CADA PEZA NESTA FASE DA PARTIDA?  Ver este curtiño vídeo:



Se queres ampliar coñecementos, neste derradeiro vídeo analizarase o xogo medio dunha partida entre dous grandes mestres:



MOITO ÁNIMO E A PRACTICAR




martes, 5 de maio de 2020

KAHOOT DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA: ROTEIRO PERMANENTE DA ESMORGA (TODA A ESO).

Bos días. Se queredes probar este Kahoot, tedes que descargarvos a app no móbil. Así descubrirás os lugares do centro histórico de Ourense, que percorren as personaxes da novela de A Esmorga, partindo dunha idea orixinal do Clube Cultural Alexandre Bóveda.

Unha vez descargada a app no móbil, a abrides e copiades nela o seguinte:

1.- Enlace do reto (CHALLENGE LINK):

https://kahoot.it/challenge/09458780?challenge-id=47bc83b6-ae36-4c75-8de0-925a00f5cfcd_1588609778918

2.- Chave do reto (CHALLENGE PIN):

09458780

E POR ÚLTIMO:

3.- Introducir un alcume (NICKNAME):

Tedes un máximo de 4 minutos para cada pregunta e unha segunda oportunidade de resposta ao final, por se fallas algunha.

Aqueles que nunca fixeron orientación, recomendovos que consultedes antes a lenda do mapa e outros conceptos básicos en:




MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O PERCORRIDO PERMANENTE DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA DA ESMORGA EN:


http://efesofailde.blogspot.com/2012/05/esmorga-percorrido-permanente-de.html




ÁNIMO E A REDESCUBRIR OURENSE

mércores, 29 de abril de 2020

5.- XADREZ: FUNDAMENTOS DA APERTURA (2º ESO)

A apertura é a primeira fase da partida, durante a que temos que tratar de:
  • DOMINAR O CENTRO.
  • DESENVOLVER AS PEZAS CARA CASIÑAS ACTIVAS.
  • ASEGURAR AO REI.

Para evitar os ERROS MÁIS COMÚNS DURANTE A APERTURA, ver o seguinte vídeo desde o minuto 2:20:


Agora xa sabemos que -como norma xeral- na apertura hai que: ocupar o centro cos pións, desenvolver as pezas menores (cabalos e bispos) e por o rei a cuberto.

Neste interesante vídeo podes ver AS APERTURAS MÁIS CLÁSICAS:




A que apertura se corresponde o seguinte diagrama?



Ruy López ou Española?

Se xa sabes a resposta, agora non tes máis que pola en práctica.

A XOGAR!!!










venres, 24 de abril de 2020

6.- DÍA DA EF NA CASA: HAI QUE CELEBRALO!!


O vindeiro martes 28 de abril celebrase o Día da EF na Casa. Para celebralo, quería animarvos a preparar actividades voluntarias en familia na vosa finca ou dentro da casa, botando man da vosa imaxinación, e compartindoas cos demáis.

 

En Galicia hai xa máis de 17507 alumnos de 102 centros.


QUE ACTIVIDADES VOLUNTARIAS PODEMOS FACER?

Tanto ese día como nos días previos podedes participar en distintas actividades, SEMPRE DE CARÁCTER VOLUNTARIO. Non fan falta grandes despregues, tratase máis ben de ter imaxinación, pero sempre sen facerse dano.

A continuación explicanse varias propostas a elixir:

1.- SESIÓNS DE EF:

Estase a preparar unha sesión especial de Educación Física para cada etapa (Primaria, Secundaria e Bacharelato), que estarán conducidas por docentes. Farase un percorrido por varios contidos curriculares de xeito dinámico e lúdico, puidendo sumarse toda a familia.

As sesións publicaranse en aberto o mesmo día do #DEFC2020 #DEFR2020, o 28 de abril, a través de YouTubeConsejoCOLEF, ás seguintes horas:
  • Primaria, ás 10:00 h (por se tedes algun irmanciño)
  • ESO, ás 11:00 h
  • Bachillerato, a las 12:00 h (ou algun irmán)

2- MOSAICO FOTOGRÁFICO: 

Mandede unha foto da actividade da clase de EF que estás facendo. Tamén podes crear un mosaico recopilando varias e metendo imaxes do centro ou o seu patio. Para facelo podes usar o Paint ou webs sinxelas como por exemplo: ww.easymoza.com


3.- VÍDEOS:

Podedes tamén facer vídeos curtos, realizando algunha actividade física relacionada coa EF, cumprindo coas seguintes condicións:

  •       Pon o nome do centro: CPI ANTONIO FAÍLDE.
  •        Explica brevemente a que contido se refire o vÍdeo.
  •        Di en dúas palabras o qué te aporta a EF.

RECOMENDACIÓNS PARA A PUBLICACIÓN NAS REDES

Os menores de 14 anos non debedes ter perfil en ningunha rede social, segundo marca a lexislación española e, polo tanto, non debedes subir contidos desde unha conta propia.

Os vosos pais -co consentimento de ambos proxenitores- poden subir imaxes dos menores de 14 anos ao seu cargo, cumprindo cos obxectivos e normas marcadas para esta actividade, sen menoscabo da lexislación vixente e do dereito do menor á propia imaxe.

Os maiores de 14 anos contarán sempre co permiso e supervisión de ambos proxenitores, denantes de subir calquera imaxe á rede.

Non poñades nunca o voso nome, enderezo familiar ou calquera dato persoal nas imaxes. Se queredes podedes usar un alcume (nickname).

Se podedes, mostrade, no vídeo ou foto, a imaxe oficial do #DEFC2020 #DEFR2020

Se decides subilo ás redes sociais co hashtag #DEFC2020 #DEFR2020, indica o número de persoas que tomou parte.

Quen non teña consentimento para a difusión da súa imaxe, pode sair de costas ou sen que se lle vexa a cara.

PRAZOS

Podedes subir vós mesmos as imaxes á rede, pero NUNCA ANTÉS DO MARTES.

Enviademe unha copia ao meu enderezo electrónico, usando o seguinte enlace gratuito: https://wetransfer.com/

AVISO IMPORTANTE

En base aos consellos dos expertos sanitarios, animate a facer actividade físico-deportiva durante o tempo de paseo fóra da túa casa ou finca a partir do domingo 26 de abril, evita usar o mobiliario urbano, balóns ou calquera obxectos similar.

Desinfecta os xoguetes, bicicleta ou patinete ao voltar a casa, deixando o calzado fóra. Lembra ademáis adoptar as precaucións habituais que vimos comentando, evitando espazos con obstáculos e contando coa supervisión paterna.

Lembrade cumprir sempre coas NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO CENTRO.

Entre todos e todas seguiremos facendo grande o Día da Educación Física na Casa, nada nos parará. Durante o confinamento está a demostrarse que a EF é moi importante para o mantemento do benestar físico, psíquico e social das persoas, como ben sabedes. Así que:


ÁNIMATE E A MOVER O ESQUELETE TODO O MUNDO!!!





luns, 20 de abril de 2020

4.- XADREZ: O MATE DO PASTOR (2º ESO)


SABIAS A LENDA DO MATE DO PASTOR?
Un arrogante rei que paseaba pola campiña, parou descansar a carón dun pastor de ovellas que estaba a xogar unha partida de xadrez consigo mesmo. O rei, seguro da súa vitoria, dixolle ao pastor:

- Ninguén na Corte tenme derrotado.

Ao que o pastor respondeu:

- Entón, eu non serei rival para a Súa Excelencia.

O que non se imaxinaba o monarca era que o pastor o derrotaría en só catro movementos.


Ese día o rei desterrou aos cabaleiros e cortesáns que o acompañaban por deixarlle gañar sempre. Ademáis, nomeou ao pastor Duque do Xadrez, engadíndolle o título de Inventor do Xaque Pastor.

O MATE DO PASTOR

Este tipo de mate ocorre tralos 4 primeiros movementos do branco e os 3 primeiros do negro, polo que é un dos máis curtos que se coñecen. 
What is a 4 move checkmate? - Quora


MOVEMENTOS

Vexamos agora a partida en notación alxebraica completa:

BRANCAS       NEGRAS

1. e4                      e5
2. Bc4                   Cc6
3. Dh5                   Cf6
4. Dxf7++               

Este mate pode darse con lixeiras variacións, pero a idea básica é que a dama (eng:queen) e o bispo(eng:bishop) cooperen para atacar o escaque f7, que é o máis débil arredor do rei, ao estar defendido só por este. De xeito, a idea de atacar f7 é moi típica en numerosas aperturas abertas, e este xaque mate serve de ilustración para os principiantes.

Sen embargo, o Xaque Mate Pastor é fácilmente defendible.

SABES COMO? No seguinte vídeo daranche algunhas solucións:


SABIAS QUE? Ainda hai xaque mates máis rápidos, como o Mate do Tolo. Busca información sobre el.